Baltasar Garzón

xurista español

Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981[1] e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994),[2][3] tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica.

Baltasar Garzón
Nacemento26 de outubro de 1955 (68 anos)
Lugar de nacementoTorres (Xaén) Andalucía Andalucía
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
OcupaciónXuíz
CónxuxeMaría del Rosario Molina Serrano
FillosMaría Garzón Molina
PremiosHermann Kesten Prize, Medalla de Andalucía e Medalla de ouro da Orde ó mérito do Plan nacional sobre drogas
Na rede
IMDB: nm1363507 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993[4] e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado.[5][6] En maio de 1994 abandonou ámbolos dous cargos.[7]

O 22 de febreiro de 2012 foi expulsado da carreira xudicial[8] logo de ser condenado polo Tribunal Supremo a once anos de inhabilitación por un delito de prevaricación cometido durante a instrución do caso Gürtel.[9] Dende entón, exerceu, entre outros cargos, o de asesor do Tribunal Penal Internacional da Haia ou o de director da defensa xurídica do fundador de Wikileaks, Julian Assange.[10] O 29 de novembro de 2012 recibiu de mans da presidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, o seu documento de identidade de residente estranxeiro na Arxentina.[11][12] Alí foi coordinador de asesoramento internacional na secretaría de Dereitos Humanos do Ministerio de Xustiza, até que renunciou ó posto en xaneiro de 2016, logo do fin do mandato de Kirchner. En Colombia, asesorou á Fiscalía Xeral. En Ecuador foi designado coordinador da Veeduría Internacional á Reforma da Xustiza, cuxo informe final foi presentado o 13 de decembro de 2012.[13]

Notas editar

  1. "Real Orden de 15 de enero de 1981 por la que se nombran Jueces de Primera Instancia e Instrucción a los alumnos de la Escuela Judicial que integran la 27 promoción." (PDF). Boletín Oficial del Estado (16): 1196. 19 de xaneiro de 1981. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  2. "Real Decreto 627/1993, de 2 de mayo, por el que se declara en la situación administrativa de excedencia voluntaria en la Carrera Judicial al Magistrado don Baltasar Garzón Real" (PDF). Boletín Oficial del Estado (105): 13192. 3 de maio de 1993. Consultado o 22 de maio de 2015. 
  3. "Garzón Real, Baltasar. Diputado por Madrid de la V legislatura (1993-1996)". Congreso de los Diputados. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de maio de 2015. 
  4. "El juez Baltasar Garzón será «número dos» del PSOE por Madrid y candidato a un alto cargo". El País. 28 de abril de 1993. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  5. EFE (13 de agosto de 2007). Yahoo! Noticias, ed. "Baltasar Garzón. Biografía". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  6. "Real Decreto 1341/1993, de 30 de julio, por el que se nombra Delegado del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas a don Baltasar Garzón Real, con rango de Secretario de Estado" (pdf). Boletín Oficial del Estado (182): 23480. 31 de xullo de 1993. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  7. "Real Decreto 997/1994, de 13 de mayo, por el que se dispone el cese como Delegado del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas de don Baltasar Garzón Real" (pdf). Boletín Oficial del Estado (116): 14952. 16 de maio de 1994. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  8. José Yoldi (23 de febreiro de 2012). "El Poder Judicial ratifica la expulsión de Garzón como juez". elpais.com. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  9. «Garzón condenado» a 11 años de inhabilitación por prevaricación en las escuchas de Gürtel. RTVE.es
  10. "Garzón defenderá al fundador de Wikileaks, Julian Assange". elpais.com. 25 de xullo de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  11. Perfil.com (30 de novembro de 2012). Perfil.com, ed. "Baltasar Garzón ya tiene residencia en Argentina". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  12. Alejandro Rebossio (1 de decembro de 2012). "Garzón recibe el DNI argentino". elpais.com. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  13. "Informe final de la Veeduría Internacional a la Reforma de la Justicia en Ecuador" (PDF). decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar