Julian Assange

Xornalista, programador e activista de internet australiano, portavoz e editor do sitio web WikiLeaks

Julian Paul Assange, nado en Townsville (Queensland) o 3 de xullo de 1971, é un xornalista, programador e activista de internet australiano, coñecido por ser o portavoz e editor do sitio web WikiLeaks.

Julian Assange
Nome completoJulian Paul Hawkins
AlcumeProff e Mendax
Nacemento3 de xullo de 1971
Lugar de nacementoTownsville
NacionalidadeAustralia e Ecuador
EtniaAustralianos
Alma máterUniversidade Central de Queensland, Universidade de Melbourne e Townsville State High School
Ocupaciónciberativista, hacker, programador, informático teórico, produtor de televisión, director de televisión, escritor, xornalista, presentador, empresario e delator
PaiJohn Shipton
NaiChristine Ann Assange
CónxuxeStella Assange
PremiosSam Adams Award, Courage Award for the Arts, Gold medal for Peace with Justice, Index Award, Martha Gellhorn Prize for Journalism, Gavin MacFadyen, Stuttgart Peace Prize, Prémio Sydney da Paz, Walkley Awards, Günter Walraff award e Serena Shim Award
Na rede
IMDB: nm4006677 Allocine: 602140 Allmovie: p737465
Twitter: julianassange TED: julian_assange Musicbrainz: 6b5e6501-4753-4894-9009-0e6984767b4e Discogs: 3759609 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Assange estudou física e matemáticas na Universidade de Melbourne até 2006, cando empezou a implicarse profundamente en Wikileaks. Foi descrito como moi autodidacta e cumpridamente lido en ciencias e matemáticas. Tamén estudou filosofía e neurociencia. Na súa páxina web, describiu como representou á súa universidade na Competición Nacional Australiana de Física en 2005.

Wikileaks Editar

 
Assange en 2009.

Wikileaks foi fundado en 2006. Assange está entre os nove membros asesores, e é o voceiro diante dos medios de comunicación. Tamén foi nomeado director e fundador do sitio e ten a decisión final no proceso de exame dos documentos presentados ao sitio. Como todos os integrantes do sitio, Assange traballa en calidade de voluntario. Kristinn Hrafnsson tomou as rendas da organización a partir da súa detención o 7 de decembro, en cumprimento da orde europea de detención internacional emitida desde Suecia, pola policía metropolitana de Londres despois de presentarse nunha comisaría pola súa propia vontade, ao estar acusado dos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, cargos polémicos que a día de hoxe non están en absolutos claros.

Reaccións ao arresto Editar

 
Manifestación de apoio a Assange en Sidney, o 20 de decembro de 2010.

Perante a detención de Assange acusado pola fiscalía sueca dos supostos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, e a negativa da xustiza británica a que saia en liberdade baixo fianza creouse a FreeAssange.org, unha plataforma de apoio pola liberdade de Assange. Os seus partidarios consideran que a acusación é falsa e que a intensificación da procura de Assange coincidiu coa publicación por parte de Wikileaks e outros cinco órganos de prensa de cables diplomáticos confidenciais estadounidenses, o que provocou a indignación dos Estados Unidos e de numerosos países afectados polas revelacións e consecuentemente as presión internacionais para lograr o seu encarceramento.

Detención en 2019 Editar

O 11 de abril de 2019 foi detido dentro da embaixada de Ecuador, onde estivo asilado durante seis anos e dez meses, despois de que o presidente de Ecuador, Lenín Moreno, anunciase a retirada do asilo. Ecuador ten a promesa do Reino Unido de que non será extraditado a un país no que poida ser condenado a morte.[1] A detención xurdiu da orde europea de detención emitida por Suecia no 2010, aínda que foi retirada no 2017 pola baixa posibilidade de extradición.

Diversas declaracións coinciden en que a detención ten a súa orixe na persecución dos EEUU contra Assange, pola filtración de datos e vídeos de Wikileaks proporcionados por Chelsea Manning, amosando entre outras, probas sobre a comisión de crimes de guerra.[2]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar