Cana de azucre
Para ver outros vexetais con este nome ver: cana (vexetal).
Cana de azucre | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar de cana de azucre nun invernadoiro | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Saccharum officinarum L. |
A cana de azucre (Saccharum officinarum), é unha das seis especies do xénero Saccharum, gramíneas altas que proveñen do sueste asiático. É un vexetal co cal se fabrican azucre e alcol.
Hai uns 13 millóns de hectáreas de cultivo de cana de azucre no mundo, espallados por uns 100 países. Os principais produtores mundiais son o Brasil, a India e a República Popular da China.
Descrición
editarSon plantas cespitosas con talos de até 5 m x 2–5 cm, con numerosos entrenós alongados vexetativamente, doces e zumarentos. Vaíñas glabras ou vilosas; lígula de 2–4 mm; lamelas 1–2 m x 2–6 cm, glabras ou a costela media vilosa. Panícula 25–50 cm; pedúnculo glabro ou densamente puberulento; eixo glabro ou viloso; entrenós do raque de 5 mm, glabros. Espículas 3–4 mm, agudas, con tricomas de até 7 mm; gluma inferior glabra; lema inferior ciliada no 1/ 2 superior; lema superior e aresta xeralmente ausentes; anteras 3, 1.5–2 mm.[1]
Distribución
editarA cana de azucre é unha planta orixinaria do sueste asiático. A expansión musulmá supuxo a introdución da planta en territorios onde daquela non se cultivaba. Así chegou ao continente europeo, máis en concreto á zona costeira entre as cidades de Málaga e Motril, sendo esta franxa a única zona de Europa onde arraigou. Posteriormente os españois levaron a planta, primeiro ás illas Canarias, e despois ás Américas. Disque a primeira vez que se levou ás Américas, foi por Pedro de Atienza, na segunda viaxe de Colón á Illa Española. Así esta cultura desenvolveuse en países como Cuba, Guatemala, Brasil, México, Arxentina, Perú, Ecuador, República Dominicana, Colombia[2] e Venezuela, que se atopan entre os maiores produtores de azucre do mundo.
Usos
editarO zume do seu talo é a principal fonte de azucre. Despois de colleitar a cana, pásase baixo unhas coitelas que a esfarelan e esmiúzan, para despois pasar ao trapiche (muíño de cana). Este zume é depurado por unha serie de filtros; despois sométese a un tratamento clarificante e de aí se coloca en depósitos de cocción ao baleiro, onde se concentra o zume; por último, cristalízase o azucre do zume. Unha vez cristalizado o azucre, extráese a auga restante ficando así o azucre branco común que se coñece habitualmente.
Nas zonas onde se colleita, tamén se masca a cana fresca, polo seu zume; mais tamén o zume doce véndese en vasos ou conos de papel pouco despois de ter sido extraído empregando unha máquina con esa fin. Nalgúns países como Cuba e República Dominicana este zume coñécese coma guarapo.
Diferentes microorganismos asociados ás súas raíces e algúns que medran dentro dos tecidos da planta (endófitos), como no seu talo e as follas, poden fixar o nitróxeno atmosférico, o que permite o seu cultivo en moitas zonas sen aporte de fertilizantes nitroxenados.
Cultivo
editarA cana é un cultivo de zonas tropicais ou subtropicais do mundo. Requiere auga e solos axeitados para medrar ben. É unha planta que asimila moi ben a radiación solar, tendo unha eficiencia achegada a 2% de conversión da enerxía incidente en biomasa. Unha cultura eficiente pode producir 100 a 150 toneladas de cana por hectárea por ano (con 14% a 17% de sacarosa, 14% a 16% de fibra e 2% doutros produtos solúbeis).
A cana propágase mediante a plantación de anacos de cana, de cada nó sae unha planta nova idéntica á orixinal; unha vez plantada a planta medra e acumula azucre no seu talo, o cal se corta cando está maduro. A planta regroma varias veces e pode seguir sendo colleitada. Estes cortes sucesivos chámanse "zafras". A planta deteriórase co tempo e polo uso da maquinaria que pisa as raíces, así que cómpre replantar cada sete a dez anos, aínda que existen canavais de 25 ou máis anos de idade.
A cana require de abundante auga. O seu período de crecemento varía entre 11 e 17 meses, dependendo da variedade de cana e da zona. Require de nitróxeno, fósforo, potasio e certos oligoelementos para a súa fertilización. En zonas salinas engádese xofre para controlar o sodio.
A cana pódese apañar a man ou a máquina. A colleita manual faise a base de persoas con machete que cortan os talos (xeralmente despois de queimada a planta para facer máis eficiente o labor) e organízanos en feixes para o seu transporte. Unha persoa pode apañar entre 5 e 7 t por día de cana queimada e 40% menos de cana sen queimar. A colleita mecánica faise con colleitadoras que cortan o mato e separan os talos das follas con ventiladores. Unha máquina pode colleitar 30 toneladas por hora, mais co inconveniente de que dana a raíz ou soca, diminuíndo en gran medida o nacemento de novas plantas por este método sendo moitas veces necesaria a replantación.
Historia do cultivo
editar- Véxase artigo principal: Historia do cultivo da cana de azucre
Taxonomía
editarSaccharum officinarum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 54. 1753.[1]
Saccharum: nome xenérico que deriva do grego sakcharon, "azucre", e outras palabras semellantes en malaio e sánscrito para "azucre ou o zume da cana de azucre".[3]
officinarum: epíteto latino que significa "vendido coma herba medicinal".[4]
- Arundo saccharifera Garsault
- Saccharifera officinalis Stokes
- Saccharum atrorubens Cuzent & Pancher ex Drake
- Saccharum fragile Cuzent & Pancher ex Drake
- Saccharum glabrum Cuzent & Pancher ex Drake
- Saccharum hybridum R.M.Grey
- Saccharum infirmum Steud.
- Saccharum luzonicum Cuzent & Pancher ex Drake
- Saccharum monandrum Rottb.
- Saccharum obscurum Cuzent & Pancher ex Drake
- Saccharum occidentale Sw.
- Saccharum officinale Salisb.
- Saccharum rubicundum Cuzent & Pancher ex Drake
- Saccharum spontaneum subsp. luzonicum Hack.
- Saccharum violaceum Tussac[5][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Cana de azucre". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de marzo de 2013.
- ↑ http://www.asocana.org/, Asociación de cultivadores de cana de azucre de Colombia.
- ↑ En Nomes Botánicos
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ ["Cana de azucre en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2014. Cana de azucre en PlantList]
- ↑ "Cana de azucre". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 27-02-2017. Consultado o 11-03-2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cana de azucre |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cana de azucre |
Outros artigos
editarBibliografía
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, México City.
- Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panamá.
- Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
- Darke, R. 1999. Color Encycl. Ornam. Grasses 1–325. Timber Press, Portland.
- Davidse, G. & R. W. Pohl. 1994. 146. Saccharum L. 6: 378–379. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
- Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A.O. Chater. 1994. Alismataceae a Cyperaceae. 6: i–xvi, 1–543. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
- Dodson, C.H. & A.H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628.
- Dodson, C.H., A.H. Gentry & F.M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito.
- Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index].
- Filgueiras, T. S. 1991. A floristic analysis of the Gramineae of Brasil's Distrito Federal and a list of the species occurring in the área. Edinburgh J. Bot. 48: 73–80.
- Filgueiras, T. S. 2003. Saccharum. In Catalogue of New World Grasses (Poaceae): III. Subfamilies Panicoideae, Aristidoideae, Arundinoideae, and Danthonioideae. Contr. U.S. Natl. Herb. 46: 550–557.
- Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Flora of China (Checklist & Addendum). Unpaginated. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of China Editorial Committee. 2006. Flora of China (Poaceae). 22: 1–733. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Forzza, R. C. & et al. et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
Ligazóns externas
editar- Sucropedia.com, unha enciclopedia sobre a produción de azucre (en inglés)
- Sugar and the EnvironmentArquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. en World Wide Fund for Nature (en inglés)
- CaneInfo en National Informatics Centre (India)(en inglés)
- Brazilian Sugarcane Industry Association (ÚNICA) (en inglés)
- National Federation of Sugarcane Planters, Filipinas (en inglés)
- The Better Sugar Cane Initiative Arquivado 12 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ethical Sugar Arquivado 21 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., unha ONG francesa (en inglés)
- Santamaría García, Antonio; García Álvarez, Alejandro (2005). "Azúcar en América". Revista de Indias 65 (233): 9–32. ISSN 0034-8341. (en castelán)