Abrir o menú principal
Triticum monococcum con (esq) e sen (dta) glumas.

A gluma, en botánica, é unha bráctea situada na base da espiga das gramíneas, e dalgunhas ciperáceas, que normalmente aparece en parellas. É unha vaíña estéril, externa, basal e membranosa, que se aprecia coma cada unha das dúas folliñas escariosas (hipsofilos estériles) que a xeito de brácteas arrodean as espiguiñas das gramíneas, adoitan atoparse enfrotadas na base das espículas.

Chámase muíña, moaña ou muña, aos restos de glumas e en xeral ao po mesturado con fragmentos de palla ou de casca que quedan despois de peneirar, debullar ou mallar os cereais[1].

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muíña.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar