Abrir o menú principal

Cana (homónimos)

páxina de homónimos

O termo cana pode referirse en galego a:

BotánicaEditar

  • Cana, en botánica diversas plantas que reciben este nome, canaveira, canavela, canivela.
  • Cana de azucre, planta herbácea tropical da familia das gramíneas (Saccharum officinarum), cultivada para a obtención do azucre.
  • Cana, talo de moitas gramíneas, cilíndrico, oco e con nós, canaveira, canavela, canivela.
  • Cana, póla magra dunha árbore.

ObxectosEditar

  • Cana, instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana. Cana de pescar.
  • Cana, parte da bota, media ou calcetín que cobre o tornecelo ou parte da perna.
  • Cana, vara dos foguetes, canaveira, canavela, canivela.
  • Cana, ferramenta do oleiro para modelar e alisar, de distinta forma e tamaño segundo a peza que se estea a traballar, canaveira.
  • Cana, calquera obxecto, oco e cilíndrico, de forma semellante ao talo das gramíneas, cano, canaveira, canavela, canivela.

AnatomíaEditar

  • Cana, parte interior e mol dos ósos ou dunha árbore, Cana dos ósos, medula.
  • Cana, pelo que tornou branco.

ArquitecturaEditar

  • Cana, fuste da columna.

NavegaciónEditar

  • Cana da áncora, parte da áncora comprendida entre a cruz e o arganeo.
  • Cana do remo, parte do remo delgada, longa e arredondada.
  • Cana do temón, panca de madeira ou de ferro con que se fai xirar o temón.

GastronomíaEditar

  • Cana, doce de forma cilíndrica e alongada.
  • Cana, nome que se lle dá á cachaça, aguardente producida a partir da destilación do zume da cana de azucre.

Véxase taménEditar

  • Caná — vila de Galilea onde Xesús Cristo realizou o seu primeiro milagre.

Campo semánticoEditar

Campo semántico: