SMART-1, acrónimo de Small Missions for Advanced Research in Technology 1 foi un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 27 de setembro de 2003 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][3][5]

SMART-1
Representación de SMART-1 indo cara a Lúa
TipoTecnolóxico / científico
OrganizaciónESA
Contratistas principaisCorporación Espacial Sueca (SSC)
Data de lanzamento27 de setembro de 2003[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 5[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou, ELA 3[2][6]
Obxectivo da misiónProba de novas tecnoloxías, estudo da Lúa.[2][6]
Decaemento3 de setembro de 2006[1]
NSSDC ID2003-043C
Masa366,5 kg[2][5][6]

Características editar

SMART-1 foi unha pequena sonda lunar coa misión de probar novas tecnoloxías e facer observacións científicas da Lúa. Entrou en órbita lunar o 13 de novembro de 2004, onde permaneceu ata o seu impacto intencionado contra a superficie o 3 de setembro de 2006.[2][3][4][5]

A principal nova tecnoloxía que SMART-1 probou foi un motor iónico. Tamén levaba a bordo un novo sistema de comunicacións para espazo profundo e un conxunto de instrumentos (denominado EPDP) para monitorizar o motor iónico e estudar a Lúa. Os principais obxectivos científicos foron o estudo da xeoloxía, morfoloxía, topografía, mineraloxía, xeoquímica da superficie lunar, así como o estudo da contorna exosférica lunar.[2][3][4][5]

SMART-1 tiña forma de caixa de aproximadamente un metro de lado. Dous paneis solares, cunha envergadura de 14 m e 10 m2 de superficie, proporcionaban ata 1850 W de potencia á nave. A enerxía era almacenada en cinco baterías cunha capacidade de 130 vatios-hora. O motor iónico era un modelo PPS-1350, de efecto Hall de plasma que usaba xenon (a nave levaba 82 kg a bordo) como propelente e que proporcionaba 70 mN de pulo con 1600 s de impulso específico.SMART-1 estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e oito propulsores de hidracina de 1 N de pulo. A nave coñecía a súa actitude no espazo mediante un seguidor de estrelas, un sensor solar e varios sensores de velocidade angular. O control térmico conseguíase mediante radiadores, sumideiros de calor, illamento multicapa e quentadores eléctricos, mentres que as comunicacións corrían a cargo dunha antena de media ganancia e dúas de baixa ganancia funcionando en banda S e unha antena experimental nas bandas K e X.[2][3][4][5]

A instrumentación científica que SMART-1 levaba a bordo era a seguinte:[2][3][4][5]

  • AMIE, unha cámara pancromática que tamén foi usada en probas de navegación autónoma.
  • SPEDE, sondas Langmuir para o estudo do plasma lunar.
  • RSIS, experimentos de radiociencia.
  • SIR, un espectrómetro infravermello e visible para estudo da codia lunar.
  • D-CIXS, un espectrómetro de raios X para astronomía e química lunar.
  • XSM, un espectrómetro de raios X para calibrar D-CIXS e para estudar o Sol.

Pefil da misión editar

SMART-1 foi posta nunha órbita de transferencia xeoestacionaria de 742 x 36.016 km como carga secundaria durante o lanzamento de dous satélites de comunicacións. O motor iónico permitiu á nave chegar á Lúa 14 meses despois, entrando na súa órbita o 13 de novembro de 2004 a unha altura da súa superficie de 60.000 km. SMART-1 situouse en órbita polar para facer as súas observacións científicas. Tras diversas manobras o motor iónico foi apagado en setembro de 2005 despois de esgotar o xenon e ter funcionado 5000 horas, con 843 arranques e paradas. A nave foi estrelada a propósito na superficie lunar o 3 de setembro de 2006.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SMART 1" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (21 de marzo de 2017). "SMART-1" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Letter dated 8 January 2004 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (04-50402). 22 de xaneiro de 2004: 2. Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Claude Lafleur (2017). "SMART-1" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SMART-1" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "SMART-1" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017.