Século -II
(Redirección desde «Século II a. C.»)
Período que abrangue do 1 de xaneiro do ano -200 ata o 31 de decembro do ano -101 adC (antes da era cristiana).

Acontecementos destacados editar
- Dinastía dos tolomeos en Exipto.
- ano 197 adC: batalla de Cinoscéfalos.
- ano 169 adC: Roma conquista o Reino de Macedonia.
- ano 153 adC: Roma cambia a toma de posesión dos cónsules ao 1.º de xaneiro (o comezo do ano).
- ano 150 adC: (aprox): no corazón de Mesoamérica, unha civilización descoñecida (non olmeca nin tolteca) funda a cidade de Teotihuacán.
- ano 149 adC ano 146 adC: terceira guerra púnica e destrución de Cartago.
- ano 140 adC: os chineses expulsan aos hunos.
- ano 139 adC: Viriato morre asasinado tras ser traizoado por tres dos seus xenerais.
- ano 136 adC: gran rebelión de 1escravos en Roma.
- ano 133 adC: Escipión Emiliano conquista Numancia.
- ano 129 adC: os partos arrebatan Babilonia aos seléucidas.
- ano 110 adC: en Xudea, cara a fins do século, escríbense o Libro de Xudit e o Libro de Ester (que actualmente forman parte da Biblia).
- Neste século desenvólvese no Xapón unha sociedade de cazadores e pescadores.
- Na importante zona entre o río Ganxes e o río Iamuna (no norte da India) finaliza a Cultura da cerámica negra puída norteña, de pouco desenvolvemento tecnolóxico.
- O budismo é introduzido en Sri Lanka.
- Establecese a Ruta da seda entre Europa e Ásia.