Abrir o menú principal

Rufino Redondo Senra

mestre e político galego

Rufino Redondo Senra, nado en Oleiros en 1912 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Rufino Redondo Senra
Nacemento1912
 Oleiros
Falecemento18 de decembro de 1936
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela[1] Foi nomeado mestre interino de Mera de Arriba (Ortigueira) en setembro de 1933.[2] Despois foi mestre de Devesos. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Cedeira en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Foi suspendido definitivamente como mestre en novembro.[3] Xulgado en consello de guerra en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, Enrique Alonso Teijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Miguel Fernández Santos, Antonio Castillo Domínguez, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.[4]

A súa muller María Angélica Aneiros Menéndez, de nacionalidade arxentina, o seu fillo Fernando e o resto da familia, seguindo as sús indicaciónes nas cartas que lles enviou desde a prisión, marcharon ao exilio. Nas cartas, Rufino pedíulles que non seguiran en Cedeira por temor a que as autoridades franquistas os executaran e que a súa muller fixera valer a súa nacionalidade para fuxir. Finalmente pasaron a Portugal e acabaron embarcando rumbo a Arxentina.[5]

NotasEditar

  1. El Eco de Santiago, 22-3-1932, p.2.
  2. El Compostelano, 28-9-1933, p. 1.
  3. El Compostelano, 13-11-1936, p. 2.
  4. El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.
  5. Cartas desde el infierno, El País, 7 de marzo de 2011.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar