Miguel Fernández Santos

Miguel Fernández Santos, nado en Madrid e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un funcionario e político español residente en Galicia.

Miguel Fernández Santos
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Funcionario de Correos. Foi oficial de Correos da Coruña até 1924, cando se trasladou a Tui.[1] Funcionario de Correos en Cedeira, foi detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934[2] Foi presidente do comité local de Cedeira da Volta a España de 1936[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Xulgado o 4 de decembro en consello de guerra en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, Enrique Alonso Teijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Antonio Castillo Domínguez, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.[4]

Notas editar

  1. El Diario de Pontevedra, 28-4-1925, p. 3.
  2. El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 14-7-1936, p. 2.
  4. El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar