Rubén González Rocha
Rubén González Rocha, nado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1982, é un ex futbolista galego, que xogaba de defensa.
Rubén | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rubén González Rocha | ||
Nacemento | 29 de xaneiro de 1982 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Coruxo | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
Conxo | |||
Compostela | |||
Real Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2006 | Real Madrid B | 87 | (3) |
2002–2006 | Real Madrid | 4 | (0) |
2004 | → Mönchengladbach (cedido) | 3 | (0) |
2004–2005 | → Albacete (cedido) | 22 | (0) |
2006–2007 | Racing de Santander | 34 | (2) |
2007–2009 | Celta de Vigo | 70 | (1) |
2009–2011 | Mallorca | 31 | (3) |
2011–2013 | Osasuna | 27 | (0) |
2013–2014 | F. K. Baku | ||
2014–2016 | Zaragoza | 31 | (1) |
2016 | Delhi Dynamos F. C. | ||
2017 | Coruxo | 13 | (0) |
Selección nacional | |||
1999 | España sub-16 | 6 | (0) |
1999 | España sub-17 | 3 | (0) |
2000–2001 | España sub-18 | 10 | (0) |
2002–2003 | España sub-21 | 8 | (0) |
2005–2008 | Galicia | 4 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 26 de maio de 2013. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarDurante a súa infancia enrolouse nun histórico club santiagués, o Club Deportivo Conxo, e de aí pasou ás categorías inferiores do primeiro equipo da cidade, a SD Compostela, aínda que non por moito tempo, pois en 1998 os observadores do Real Madrid fixáronse nel e incorporárono ao club madrileño. Isto causou o enfado do presidente do Compostela, José María Caneda, que como represalia expulsou o irmán de Rubén, Chechu, que xogaba no equipo xuvenil do club compostelán.[1][2]
Disputou 61 partidos co Real Madrid Castilla, todos como titular, e acadou o primeiro posto do Grupo III da Segunda División B na tempada 2001/02, aínda que sen conseguir o ascenso. O 10 de maio de 2002 debutou co primeiro equipo do Real Madrid da man de Vicente del Bosque, na derradeira xornada de liga. Foi na súa Galicia natal, contra o Deportivo da Coruña en Riazor, onde formou como titular na defensa xunto a Míchel Salgado, Pavón e Roberto Carlos, perdendo por 3-0.[3]
Na tempada 2002/03 compaxinou o filial co primeiro equipo, co que disputou seis partidos, e para a tempada 2003/04 foi subido definitivamente ao primeiro equipo. Con todo, apenas contou coa confianza de Carlos Queiroz e no mercado invernal saíu cedido ao Borussia Mönchengladbach alemán.
O 14 de febreiro de 2004 debutou co Borussia nun partido ante o Stuttgart, converténdose no primeiro futbolista galego en xogar na Bundesliga.[4] Con todo, unha lesión de ombreiro pouco despois de chegar impediulle superar os tres partidos co equipo alemán.[5]
Na tempada seguinte foi cedido ao Albacete Balompié, onde foi titular durante a primeira parte da campaña co técnico José González, ata que perdeu a titularidade tras un cambio de adestrador.[6] En agosto de 2008 foi traspasado ao Racing de Santander, onde xogou unha tempada ata recalar no verán de 2007 no Celta de Vigo. Tras dous anos co equipo celeste en segunda división, nos que xogou 70 partidos de liga, fichou en 2009 por dúas tempadas polo RCD Mallorca.
Logo pasou dous anos en Osasuna e na tempada 2013/14 xogou no FK Baku, na capital de Acerbaixán, ata que en agosto de 2014 volveu a España, pasando a xogar no Real Zaragoza.[7] En setembro de 2016 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Delhi Dynamos FC, da Superliga da India, adestrado polo italiano Gianluca Zambrotta.[8] En xaneiro de 2017, despois do final do campionato indio, regresou a Galicia, para xogar no Coruxo, en Segunda División B, onde se retirou do fútbol ao final da tempada.[9]
Selección galega
editarEn 2005 foi un dos futbolistas da recuperada selección galega que xogou contra o Uruguai en San Lázaro, repetindo convocatoria nos tres seguintes partidos.
Notas
editar- ↑ "El Compostela B repescará varios jugadores juveniles". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 10 de outubro de 1998. p. 58.
- ↑ "El Compos sub 19 se rebela contra el «caso Chechu»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 1998. p. 58.
- ↑ San Martín, Pedro Pablo (10 de maio de 2002). "Otro golpe del Depor". As (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "Susto para Rubén en su debut". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 2004. Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "Rubén deja el Monchengladbach y será operado en sus hombros". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2004. p. 43.
- ↑ "Entrevista. Rubén González Rocha". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 2005. p. 44.
- ↑ "Rubén González" (en castelán). 21 de agosto de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2020.
- ↑ "Rubén González ficha por el Delhi Dynamos de Zambrotta y Malouda". Marca (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2020.
- ↑ "El Coruxo ficha al excéltico Rubén González". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2020.