Roystonea regia

especie de planta

Roystonea regia, coñecida como palma real, é unha especie de palma cuxa altura, elegancia e fácil cultivo convertérona nunha das árbores utilizadas como ornamental máis común no mundo.

Roystonea regia
Palma real

Árbore nacional de Cuba
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Angiospermae
Clase: Liliopsida
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Xénero: Roystonea
Especie: Roystonea regia
(Kunth) O.F.Cook, 1900
Área de distribución de Roystonea regia
Área de distribución de Roystonea regia

Área de distribución de Roystonea regia
Sinonimia
Véxase o texto

É tamén o máis simbólico dos campos de Cuba, onde é recoñecida como a árbore nacional.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita por (Kunth) O.F.Cook en 1900, e publicada en Science 12 (300): 479.[1]

Sinónimos editar

Etimoloxía editar

O epíteto específico, "regia", vén do latín rēgia e significa "real" (do Rei).[2]

Características editar

 
Le Ieune Palmite Royal, 1674

É unha árbore con tronco en estípite que adoita ter até uns 25 m de altura pero, nalgúns casos pode chegar até 40 m. O seu tronco é liso, de cor agrisada clara, e ten a aparencia dunha columna elegante, lixeriamente fusiforme, que engrosa lixeiramente a media altura, para logo volver a adelgazar. O diámetro do tronco pode alcanzar os 50 ou 60 cm. Ten un penacho terminal de follas que alcanzan até 6 m de longo. As follas teñen na súa base un pecíolo envaiñador moi grande e liso que envolve o tronco. As follas son pinnadas e os folíolos ou pinnas, moi numerosos, bífidos no ápice e de cor verde escura e brillantes. A inflorescencia é en espádice ramificado en dúas ou tres veces consecutivas e ábrese, envolta nunha espata da súa mesma lonxitude, debaixo da base da pinna da folla máis vella. As florres son sésiles, lanceoladas, con 5 tépalos externos e 5 internos; os internos na flor feminina son valvares. Os estames, son de 6 a 9. O ovario ten tres cavidades e está rodeado por unha cúpula de ses dentes. Os estigmas son tres, sésiles. O froito é unha baga lixeramente alongada, duns 10 mm de longo, e uns 9 mm de ancho, de cor violácea, e contén só unha semente.

Distribución e hábitat editar

Roystonea regia é nativa do sur da Florida, Puerto Rico, Belize, Bahamas, A Española, Cuba, Honduras e dalgunhas rexións de México e das illas Caimán.[3]

Hoxe en día está plantada en todos os países da zona intertropical e, en varias rexións, se asilvestrou (ver mapa de distribución.[4]).

Encóntrase nas chairas cultivadas cubanas como principal remanente dos bosques semicaducos que eran a vexetación predominante en Cuba, e tamén crece en terreos montañosos fértiles e húmidos, sendo ás veces máis abundante na vexetación secundaria.

Ao igual que noutros países americanos, a maioría destas árbores adoita plantarse nos campos de azucre ao longo dos camiños interiores para delimitar leiras e servir de orientación por ser fáciles de distinguir a distancia.

Usos editar

A palma real ten moitos usos, ademais do seu popular cultivo en xardinaría. O tronco subministra táboas para os "bohíos" ou casas campesiñas. As grandes follas ou "pencas" coñecidas como "guano" serven para tellar casas. Coas espatas florais fanse "catauros", que son como cestas non tecidas. As vaíñas foliares ou "yaguas" serven para envolver as follas curadas do tabaco, e antes tamén eran moi usadas para facer as paredes dos bohíos. As súas flores son unha importante fonte de alimento para as abellas. O seu froito, o "palmiche"", pendura moi abundantemente en acios e brindan excelente alimento para porcos. Os acios xa secos son útiles como vasoiras rústicas. As puntas tenras das follas poden servir como alimento chamado en Cuba "palmito". A floración e fructificación ocorre ao longo de todo o ano e cada palma pode dar de 2 a 8 acios de palmiche de polo menos 23 kg (e poden ser de até 92 kg) cada un ao ano. O palmiche pode ser fonte de aceite para fabricar xabón.[5]

Usos medicinais editar

En Cuba úsase a raíz cocida como diurético, para expulsar pedras na urina, para o tratamento da diabetes, e dise que ten propiedades emolientes.

Árbore emblemática editar

A palma real foi elixida como a árbore nacional en Cuba por ser a máis numerosa das súas árbores, por ser a especie máis notoria dos seus paisaxes, pola súa beleza, pola súa utilidade e por estar representada no escudo nacional.

Notas editar

  1. Roystonea regia. Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de outubro de 2022.
  2. Diccionario Ilustrado Latino-Español, Español-Latino (14ª ed.). Barcelona: Bibliograf. 1982. ISBN 84-7153-197-6. 
  3. Roystonea regia en [1] arbolesornamentales.com
  4. Zona, S. (1996): Roystonea (Arecaceae: Arecoideae). Flora Neotropica 71: 1-36.
  5. Características del aceite de la palma real cubana [2] Arquivado 10 de xuño de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bisse, J. (1988): Árboles de Cuba. La Habana: Editorial Científico-Técnica.
  • Fernández Zequeira, M.; Ricardo Nápoles, N. et al. (1999): Cuba y sus árboles. La Habana: Editorial Academia. ISBN 959-02-0252-7.
  • Leiva Sánchez, A. (2001): Cuba y sus palmas. La Habana: Editorial Gente Nueva. ISBN 959-08-0339-3.
  • Roig Mesa, J. T. (1965): Diccionario botánico de nombres vulgares cubanos. La Habana: Editorial Consejo Nacional de Universidades. Tomos I-II. ISBN 978-95-9050-712-0.
  • Roig Mesa, J. T. (1974): Plantas medicinales, aromáticas y venenosas de Cuba. La Habana: Editorial Ciencia y Técnica. ISBN 978-959-05-0809-7 (Obra comleta).

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar