O escudo de Cuba é o símbolo heráldico do país. Foi creado en 1849 polo poeta Miguel Teurbe Tolón[1] e adoptado con pequenas modificacións o 24 de abril de 1906.

Escudo de Cuba
Detalles
ArmigerCuba
Adoptado24 de abril de 1906
CristaGorro frixio vermello
EscudoEscudo cortado e medio crebado
AlicercePóla de aciñeira e de loureiro

Trátase dun escudo triangular curvilíneo partido. No primeiro terzo, tres barras de azur (os departamentos do país) sobre prata. No segundo, unha representación dunha paisaxe con dúas montañas e vexetación, onde destaca unha palma real. No xefe, un mar de azur cargado cunha chave de ouro significando a súa importancia estratéxica no acceso ó Golfo de México, no medio de dous saíntes (Florida e o Iucatán), cun sol radiante no horizonte. Como crista, unhas fasces (denotando a unidade dos cubanos) e un gorro frixio cargado cunha estrela de cinco puntas (significando a liberdade). Acompañado pola dereita por unha póla de aciñeira (a paz) e pola esquerda unha póla de loureiro (a vitoria), as dúas ó natural.

  1. "El Escudo Cubano". CubaFlags.com. Consultado o 7 de xullo de 2005. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar