O espádice é un tipo especial de acio, unha inflorescencia con flores pequenas apiladas sobre un raque espeso e carnoso, tomando o aspecto dunha espiga. Atópase en certas liliópsidas (monocotiledóneas), especialmente na familia Araceae, razón pola que estas se chamaban anteriormente espadicifloras.

Espádice dunha flor cadáver

Nestas inflorescencias existe comunmente unha espata (bráctea grande), xeralmente vistosa e solitaria, rodeando ou pechando parcialmente a partir de abaixo o espádice. A "flor" do Anthurium é un espádice típico con espata grande e vistosa. O espádice da Amorphophallus titanum é frecuentemente citado por ser "a maior das flores", aínda que se trate na realidade dunha inflorescencia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar