Roystonea

xénero de plantas

Roystonea é un xénero de plantas da división das anxiospermas, clase das liliópsidas, orde das arecales e familia das arecáceas.

Roystonea oleracea

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1900 polo botánico e entomólogo estadounidense Orator F. Cook.[1][2]

Sinónimo editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]

  • Gorgasia O.F.Cook

Etimoloxía editar

O nome do xénero, Roystonea, é unha homenaxe a Roy Stone, un enxeñeiro do Exército dos Estados Unidos .

Especies editar

No xénero recoñécense as seguintes especies:[1][2]

Características editar

Son palmeiras grandes, con tronco solitario de 20 a 30 m de altura e follas pinnadas. A súa grande altura e a aparencia chamativa destas palmeiras convértens nun aspecto notábel da paisaxe. Os troncos, que Louis Agassiz e Elizabeth Agassiz compararon con columnas de pedra en 1868, son lisos e columnares, aínda que os troncos de R. altissima e R. maisiana son máis delgados que os das palmas reais típicas.[3]

Os troncos a miúdo están inchados e avultados en varias partes da súa lonxitude, o que pode refectir anos nos que as condicións de crecemento foron mellores ou peores que o promedio.[3]

As cicatrices das follas a miúdo son prominentes ao longo do caule, especialmente en individuos xoves de rápido crecemento. A cor do tronco varía de branca agrisada a parda agrisada, excepto en R. violacea, que ten troncos de cor parda violeta ou malva.[3]

R. oleracea alcanza alturas de 42 m, pero a maioría das especies encóntranse no rango de 15 a 20 m.[3]

O espécime máis grande de R. oleracea encóntrase na Floresta Estadual Edmundo Navarro de Andrade en Río Claro, São Paulo, Brasil, e alcanza os 42,4 m de altura.

Distribución editar

As súas especies están distribuídas por toda a zona do Caribe, tanto nas Antillas, desde Cuba até Trinidad, como nos países centroamericanos, no estado de Florida, en Colombia e en Venezuela.[4][5][6]

O xénero comprende algunas das palmeiras máis coñecidas e comunmente cultivadas nas rexións tropicais e subtropicais.

Cuba contén a maior diversidade de especies.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Roystonea O.F.Cook no GBIF. Consultado o 29 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Roystonea O.F.Cook na BioLib. Consultada o 29 de outubro de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Scott Zona (1996). "Roystonea (Arecaceae: Arecoideae)". Flora Neotropica 71: 1–35. 
  4. Kew World Checklist of Selected Plant Families
  5. Flora of North America, Roystonea O. F. Cook, Science. ser. 2, 12:479. 1900.
  6. Govaerts, R. & Dransfield, J. (2005): World Checklist of Palms: 1-223. The Board of Trustees of the Royal Botanic Gardens, Kew.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Riffle, Robert L. & Craft, Paul (2003): An Encyclopedia of Cultivated Palms. Portland: Timber Press. ISBN 978-0-8819-2558-6.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar