Orator F. Cook

botánico estadounidense

Orator F. Cook, nado o 28 de maio de 1867 en Clyde, Nova York, e finado o 23 de abril de 1949 en Lanham, Maryland, foi un botánico, entomólogo e agrónomo estadounidense, coñecido polo seu traballo sobre o cultivo de algodón e da obtención do caucho, e por acuñar o termo "especiación" para describir o proceso polo cal xorden novas especies a partir das existentes.[1]

Infotaula de personaOrator F. Cook
Nome orixinalOrator Fuller Cook Jr.
Biografía
Nacemento28 de maio de 1867
Clyde, Nova York
Morte23 de abril de 1949
Lanham, Maryland
Lugar de sepulturaHuntington Rural Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade de Syracuse
Coñecido porAcuñar o termo "especiación"
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico, entomólogo
EmpregadorUSDA
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaO.F.Cook Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAlice Carter Cook
FillosDous fillos e dúas fillas
PaisOrator Fuller  e Eliza Cook (de solteira Hookway)

Find a Grave: 63298453 Editar o valor em Wikidata

Publicou preto de 400 artigos sobre temas como a xenética, a evolución, a socioloxía, a xeografía e a antropoloxía.

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Cook naceu en Clyde, Nova York en 1867, fillo de Orator Fuller e Eliza (de solteira Hookway) Cook. O seu pai era un canteiro de Inglaterra que emigrara en 1855. Orator Jr. creceu en Clyde, ensinou bioloxía durante dous anos antes de ingresar na universidade e graduouse na Universidade de Syracuse cun B.A. en 1890. Despois traballou alí, ao ano seguinte, como profesor de bioloxía.[2]

Carreira editar

En 1891 Cook converteuse nun axente especial da Sociedade de Colonización do Estado de Nova York. Traballou en Liberia e, en 1896, foi elixido presidente do Liberia College. Ocupou ese cargo até 1898. Ese ano uniuse ao Departamento de Agricultura dos Estados Unidos como científico botánico e, finalmente, chegou a ser o botánico principal, e viaxou por todo o mundo investigando especies cultivábeis para o goberno dos Estados Unidos. Especializouse en plantas de algodón e de caucho e na clasificación das palmeiras, particularmente das palmeiras da Española. Publicou case catrocentos libros e artigos durante a súa carreira, e foi galardoado cun doutoramento Honoris Causa en Ciencias pola Universidade de Syracuse en 1930. Cook traballou como asistente de conservador honorario de coleccións de criptógamas no Herbario Nacional dos Estados Unidos desde 1898 até 1948.

Cook tamén estudou os miriápodos (milpés, cempés e similiares), describindo máis de 100 especies e producindo máis de 50 publicacións.[3] En 1922, Cook e o seu colega Harold Loomis describiron unha especie de milpés con máis patas que calquera outro organismo coñecido na Terra: Illacme plenipes. que posúe até 750 patas.[4][5]

Cook foi membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Asociación Xenética Americana, da Sociedade Botánica de América, da Asociación de Xeógrafos Americanos, da Academia de Ciencias de Washington, así como do Cosmos Club, un club social privado de Washington D.C.[2]

Algunhas publicacións editar

  • Vegetation affected by agriculture in Central America. US Department of Agriculture, Washington D.C. 1909
  • "History of the Coconut Palm in America". En: Contributions from the United States National Herbarium. 14 (2) 271–342. Department of Botany at the National Museum of Natural History.
  • "Milpa Agriculture, A Primitive Tropical System". En: Annual Report of the Smithsonian Institution for 1919. Smithsonian Institution, Washington D.C. 1921, pp. 307–326.

Vida familiar editar

En 1892 Cook casou coa botánica Alice Carter, coa que tivo dous fillos e dúas fillas. O seu fillo Robert Carter Cook foi un destacado xenetista.[6]

Abreviaturas editar

Notas editar

  1. Berlocher, Stewart H. (1998). "Origins: a Brief History of Research on Speciation" (PDF). En Howard, Daniel J.; Berlocher, Stewart H. Endless Forms: Species and Speciation. New York, Oxford: Oxford University Press. p. 3. ISBN 978-0-1951-0901-6. 
  2. 2,0 2,1 "Cook, Orator Fuller". National Cyclopedia of American Biography 38. Clifton, N. J.: J. T. White. 1953. pp. 369–370. 
  3. Sierwald, Petra & Bond, Jason E. (2007): "Current Status of the Myriapod Class Diplopoda (Millipedes): Taxonomic Diversity and Phylogeny". Annual Review of Entomology 52 (1): 401–420.
  4. Cook, O. F.; Loomis, H. F. (1928). "Millipeds of the order Colobognatha, with descriptions of six new genera and type species, from Arizona and California". Proceedings of the United States National Museum 72 (2714): 1. 
  5. Marek, P.; Shear, W.; Bond, J. (2012). "A redescription of the leggiest animal, the millipede Illacme plenipes, with notes on its natural history and biogeography (Diplopoda, Siphonophorida, Siphonorhinidae)". ZooKeys (241): 77–112. 
  6. Cook, Joan (9 de xaneiro de 1991). "Robert C. Cook, 92, A Longtime Scholar Of Human Genetics". The New York Times.
  7. O.F.Cook – Orator Fuller Cook (1867-1949) no IPNI.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar