Roxelio Pérez González

mestre e pedagogo galego
(Redirección desde «Roxerius»)

Roxelio Pérez González, coñecido como Roxerius, nado en Rianxo o 18 de xuño de 1897 e finado en Pontevedra o 9 de xullo de 1963, foi un mestre e pedagogo galego.

Infotaula de personaRoxelio Pérez González
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1897 Editar o valor em Wikidata
Rianxo, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRoxerius Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pedagogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Curmán de Manuel Antonio, participou con Rafael Dieste no grupo teatral Os Trece, que fixo varias representacións en aldeas e vilas da ría de Arousa en 1915.

En 1920 rematou os estudos de maxisterio en Santiago de Compostela. Nestes anos frecuentou o centro republicano e as Irmandades da Fala. En 1919 asistiu, xunto con Antón Villar Ponte, Fray Salvador, Sánchez Andrade e Leandro Pita Romero, á Xuntanza Escolar Nazonalista, celebrada en Santiago.

Participou na fundación do Partido Galeguista en decembro de 1931. A partir deste momento, intensificou as súas colaboracións xornalísticas e diversificou a temática destas. Despois de aprobar por libre os cursos da Escola Superior de Maxisterio de Madrid, obtivo a praza de inspector de ensino primario en 1932 e foi destinado a Pontevedra.

Desde o seu posto de Inspector intentou aplicar a política educativa da Segunda República adaptada ao contexto galego. Traballou pola galeguización do ensino, a realización de conferencias e actos culturais na Galiza rural e pola creación de bibliotecas escolares. Prestou atención á nova escola rural galega, ás escolas agrarias e á práctica dunha pedagoxía activa. Defendeu posturas monolingües respecto ao emprego do galego no ensino.

Entre 1933 e 1936 participou na política nacionalista arredor das figuras de Castelao e Bóveda, e foi elixido vicepresidente da xunta directiva do PG de Pontevedra en 1934. Neses anos viviu a etapa de maior proxección pública como educador: foi secretario da Casa do Mestre de Pontevedra e colaborador habitual do seu órgano de expresión, Escuela Vivida, director do padroado de Misións Pedagóxicas (1934) e coordinador da Página Pedagógica de El Pueblo Gallego.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apartado do seu cargo de inspector o 12 de setembro de 1936. No proceso de depuración resultou cesado o 27 de febreiro de 1937, e foi readmitido nos anos 40.

Obras editar

Publicou traballos sobre temas da súa especialidade, moitos deles escritos en galego, en La Voz de Galicia (1922), Galicia (1924), El Pueblo Gallego (1926-1935) e A Nosa Terra. Colaborou co exilio americano en revistas como Lar e, a partir de 1946, en La Noche na páxina semanal "Plumas y Letras Gallegas". Tamén publicou algúns poemas en galego e castelán. Aínda que o seu pseudónimo máis habitual foi o de "Roxerius", empregou tamén o de "Xelioro".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar