Robert W. Hoge

numismático estadounidense

Robert Wilson Hoge, nado en Wilmington, Delaware, o 1 de maio de 1947, é un numismático, conservador e director de museo estadounidense.

Infotaula de personaRobert W. Hoge
Biografía
Nacemento1 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Wilmington, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado.
Universidade de Chicago.
Actividade
Campo de traballoNumismática e museística.
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeInmaculada Socias i Batet.
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Nado en Delaware, a familia de Robert W. Hoge trasladouse a Colorado cando o seu pai causou baixa no exército dos Estados Unidos. Na súa infancia comezou a amosar interese pola historia, a arqueoloxía e o coleccionismo, inicialmente de obxectos militares e despois tamén de moedas.[1]

Hoge cursou os seus estudos superiores de Antropoloxía, Historia, Xeografía e Educación na Universidade de Colorado, onde se graduou en 1969. Posteriormente realizou estudos de posgrao nesa mesma institución académica e na Universidade de Chicago.[1][2]

Carreira profesional editar

A súa actividade profesional transcorreu en diversos postos como profesor universitario, director de museo e conservador. Entre 1976 e 1981 asumiu a dirección do Sanford Museum and Planetarium en Cherokee, Iowa.[1]

No ámbito numismático foi conservador no museo da American Numismatic Association (ANA), en Colorado Springs, entre agosto de 1981 e agosto de 2001. Ese último ano trasladouse a Nova York para desempeñar o mesmo posto na American Numismatic Society (ANS) ata a súa xubilación en abril de 2013.[1][2]

Hoge foi presidente do Buena Vista Coin Club, de Storm Lake, Iowa, entre 1980 e 1981. Así mesmo, foi xuíz principal da American Numismatic Association en 1982.[2]

Hoge foi colaborador habitual na sección "Curator's Comer" da revista The Numismatist a partir de 1983.[2] Tamén escribiu varios capítulos de libros e numerosos artigos na ANS Magazine, sinaladamente na súa sección "Current Cabinet Activities".

Robert W. Hoge é membro da Rittenhouse Society.[2]

En 2012 foi nomeado pola US Mint membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.[3]

Vida persoal editar

En decembro de 2012 Hoge casou coa historiadora Inmaculada Socias i Batet, profesora da Universidade de Barcelona.[1]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Orzano, M. (2013).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012).
  3. "Mint appoints CCAC members". En Numismatic News. 12 de abril de 2012.
  4. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar