Robert Mapplethorpe

fotógrafo estadounidense

Robert Mapplethorpe, nado en Nova York o 4 de novembro de 1946 e finado en Boston o 9 de marzo de 1989, foi un fotógrafo estadounidense famoso polos seus retratos a gran tamaño, as fotografías de flores e as visións do corpo humano en branco e negro con contido sexual moi explícito. O seu carácter transgresor e o feito de pertencer a unha xeración de artistas vital na arte contemporánea estadounidense fai que as súas fotografías sexan moi cotizadas.

Modelo:BiografíaRobert Mapplethorpe
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Floral Park, Nova York, Estados Unidos
Morte9 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Boston, Massachusetts, Estados Unidos
Causa da mortemorte por SIDA Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. John Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFloral Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo reformista Editar o valor en Wikidata
EducaciónPratt Institute
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, escultor, director de cinema, colaxista, artista fotográfico (pt) Traducir, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata - 1989 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNudez na arte, Natureza morta e retrato Editar o valor en Wikidata
Influencias
RepresentanteXavier Hufkens, Gladstone Gallery (en) Traducir e Skarstedt Gallery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
IrmánsEdward Mapplethorpe Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
Sitio webmapplethorpe.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0544632 Allmovie: p507522
BNE: XX859431 Musicbrainz: 32fbb1b9-f02c-472b-8db4-1e77a8190f7d Discogs: 587889 WikiTree: Mapplethorpe-10 Find a Grave: 7477198 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Mapplethorpe naceu e medrou nunha familia católica da parroquia da Nosa Señora das Neves en Floral Park, Long Island, Nova York, con devanceiros ingleses e irlandeses. Estudou Belas Artes no instituto Pratt, en Brooklyn (Nova York), onde comezou a producir as súas primeiras obras en soportes moi distintos. As primeiras fotografías sacounas cunha cámara Polaroid. A mediados dos anos setenta mercou unha cámara de prensa de gran formato, e comezou a tirarlles retratos ao seu círculo de amigos e coñecidos, entre os que se incluían artistas, compositores, actrices e actores porno e clientes de bares underground. E aí saltou ao primeiro plano como artista.

A maior parte das obras fíxoas no seu estudio. Entre esas primeiras series de retratos figuran os de Andy Warhol, Deborah Harry, Richard Gere, Peter Gabriel, Grace Jones ou Patti Smith. O retrato máis famoso de Patti Smith (feito en 1975), e que a cantante empregou para o seu álbum Horses, está inspirado nun autorretrato de 1500 do pintor alemán Dürer. Tamén son dese tempo a serie de imaxes homoeróticas, con nus en posicións clásicas pero tamén anovando en perspectivas, puntos de vista e accións, incorporando escenas de sadomasoquismo ou de sexo explícito, como unha coñecida fotografía dun fist-fucking ou un autorretrato de si mesmo cun látego introducido no ano. A sona de Mapplethorpe estendeuse como a pólvora grazas a estas imaxes de contidos sexuais e homoeróticos. Algunhas das súas fotografías de nus de homes negros foron cualificados de racistas, aínda que o seu propósito era ben distinto.

A obra de Mapplethorpe foi exhibida frecuentemente durante a súa vida, e a miúdo con fondos de carácter público. Iso provocou a oposición de grupos conservadores e cristiáns, como a da Asociación de Familias Americanas. A mostra póstuma de Mapplethorpe The perfect moment, onde se incluían sete retratos sadomasoquistas, en Cincinnati en 1990, acabou nunha acusación de promoción da obscenidade para o director do Centro de Arte Contemporánea de Cincinnati, Dennis Barrie, finalmente absolto.

Durante os últimos setenta e primeiros oitenta, porén, sen abandonar estas vías ou incluso para profundizalas, as súas fotografías avanzan cara a unha maior exploración formal: xoga máis coas sensacións que transmiten os brancos e negros, coas sombras, e comeza a fotografar flores, especialmente orquídeas. Estas imaxes seguen tendo unha alta carga homoerótica, pero renuncian ao cáustico. Inda así, prosegue co carácter provocador e considérase un activista da arte. As súas creacións como artista buscan fotografar o home homosexual, traballar sobre a súa figura espida, levar á arte as súas prácticas sexuais e falar en definitiva sobre a construción do xénero e da sexualidade na sociedade occidental de finais do século XX.

En 2003 saíu publicado en papel o libro Autoportrait, unha colección de polaroids en branco e negro de autorretratos de Mapplethorpe, realizados entre 1971 e 1973. En 2006, un retrato de Andy Warhol foi poxado en 643.200 dólares, co que se converteu na quinta fotografía máis cara ata aquel momento.

Vida persoal

editar

Mapplethorpe morreu na mañá do 9 de marzo de 1989 como consecuencia das complicacións xeradas pola sida. Tiña 42 anos. Foi soterrado en Queens, Nova York, na cova da súa nai. O seu nome non foi escrito sobre a campa.

Cando se soubo que Mapplethorpe desenvolvera a enfermidade da sida, os prezos das súas fotografías disparáronse. En decembro de 1988 pagábanse a uns 500.000 dólares cada unha.

Álbums

editar
  • Portfolio X, (1978), de imaxes eróticas
  • Portfolio Y, (1978), de flores
  • Portfolio Z, (1981), de espidos de homes negros
  • Lady: Lisa Lyon, (1983)
  • Certain People: a Book of Portraits, (1985)
  • Black Book, (1986)

Cámaras

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Patricia Morrisroe (1995) Robert Mapplethorpe: A Biography (Papermac: Londres e Nova York)
  • Arthur C. Danto (1996) Playing with the Edge: the Photographic Achievement of Robert Mapplethorpe (University of California Press: Londres e Os Ánxeles)
  • Gary Banham (2002) "Mapplethorpe, Duchamp and the Ends of Photography" Angelaki 7.1

Ligazóns externas

editar