Robert Cochet
Robert Cochet, nado en París o 6 de maio de 1903 e finado en Moulins, Allier, o 26 de xullo de 1988, foi un escultor, medallista e deseñador e gravador de moedas francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Robert Joseph Eugène Cochet 6 de maio de 1903 5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 26 de xullo de 1988 (85 anos) Moulins, Francia |
Actividade | |
Ocupación | gravador, medallista, escultor |
Traxectoria
editarRobert CochetIl cursou estudos superiores de artísticos na Escola de Belas Artes de París, da man do seu tío Auguste Carli, escultor e profesor nesa escola.[1]
Perfeccionou a escultura no estudio privado do seu tío ata o falecemento deste en 1930 e logo especializouse na creación de medallas, moedas e pequenas pezas de bronce, e converteuse en colaborador de Lucien Bazor, gravador xeral de moedas de Francia.[1][2]
Cochet recibiu un diploma e unha medalla na Exposición Internacional de Numismática de Madrid de 1954 e foi nomeado socio perpetuo do Salón de Artistas Franceses, de París.[2]
Pódense atopar medallas súas nas coleccións do Museo de Arte da Universidade de Harvard,[3] do Museo Británico[4] e do Museo Chrysler.[2]
Robert Cochet incorpora nos seus traballos, a modo de sinatura, en ocasións unha marca co monograma CR e noutros casos a inscrición "R Cochet".[1][2]
Obra
editarEscultura
editarEn 1929 expuxo no Salón de Artistas Franceses un baixorrelevo en xeso titulado Jeune fille.[2]
Medallística
editarComo medallista, Cochet creou un gran número de medallas oficiais para a Cámara de Deputados e para o Senado de Francia, así como outras de carácter conmemorativo dedicadas a cidades, e cómpre salientar os seus máis de 130 retratos.[1][2]
Entre as medallas máis relevantes pódense citar as medallas do Consello da República (1946 e 1956), as da Asemblea Nacional (1951 e 1962)[1] ou a da "Defensa Pasiva 1939-1945", cuñada en bronce pola Monnaie de Paris.[2]
Cochet deseñou tamén unha medalla co retrato de Lucien Bazor, que decora a tumba deste no cemiterio de Châtenay-Malabry, preto de París.[5]
Moeda
editarA Robert Cochet débeselle tamén o deseño de diversas moedas, como a francesa de 100 francos de cuproníquel que se cuñou entre 1954 e 1959, ou a dun franco de Mónaco cuñada a nome de Rainiero III entre 1960 e 1995. Así mesmo, actuou como gravador a partir de deseños doutros artistas en moedas doutros países, como é o caso da serie circulante dos Estados da África Central,[6] e outras de Laos, Vietnam, Iemen, Comores, África Occidental, Bolivia ou Grecia.[1][2]
Coa asunción do euro como moeda oficial por parte de Mónaco en 2002, para os anversos nacionais das moedas cos valores faciais de 1, de 2 e de 5 céntimos utilizouse un deseño de Robert Cochet, consistente no escudo de armas dos príncipes de Mónaco.[6][7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Robert Cochet créateur de médailles et de monnaies (1903-1988)". Nicolas-salagnac.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Medalla Defensa Pasiva 1939-1945: Robert Eugène Joseph Cochet". Cartagenero.es
- ↑ "Robert Cochet. Paris 1903 - 1988". Harvard Art Museums.
- ↑ "Robert Cochet". The British Museum.
- ↑ "Lucien Bazor (1889-1974)". Cimetières de France et d'ailleurs: Châtenay-Malabry (92): ancien cimetière.
- ↑ 6,0 6,1 Moedas deseñadas e gravadas por Robert Cochet. Numista.com
- ↑ "Monaco euro coin designs". The Principality of Monaco (Monaco.me)
- ↑ "100 Francs Cochet, Pré-série 21mm". Numista.com
- ↑ "1 Franc - Rainier III". Numista.com