Moeda de 2 céntimos de euro
A moeda de 2 céntimos de euro é de aceiro recuberto de cobre. Ten un diámetro de 18,75 mm, un grosor de 1,67 mm e un peso de 3,06 gramos. Incorpora unha rañura distintiva no bordo.
Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997.[1][2]
Uso
editarIgual que as moedas dun céntimo, Finlandia e os Países Baixos decidiron non empregalas, e a súa produción é só para coleccionistas.
Notas
editar- ↑ "Types of euro coins: common sides". European Commission.
- ↑ "Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de 2 céntimos de euro |