Luc Luycx

Deseñador de moedas belga

Luc Luycx (pronunciado [ˈlyk ˈlwyks] en neerlandés), nado o 11 de abril de 1958 en Aalst, na provincia belga de Flandres Occidental, é un enxeñeiro informático, deseñador e gravador de medallas e moedas.[1]

Infotaula de personaLuc Luycx

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Aalst, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , deseñador Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria

editar

Como traballador da Real Casa da Moeda de Bélxica, en 1997 resultou gañador do concurso para o deseño dos reversos comúns das primeiras series de moedas con valor facial en euros, postas en circulación o 1 de xaneiro de 2002, motivo polo cal estas amosan un monograma composto por dous L entrelazados.[2][3]

Luc Luycx fora anteriormente o responsable do deseño dalgunhas das medallas conmemorativas para os sobres de primeiro día da empresa belga de correo, así como de diversas pezas de ouro e prata cuñadas na ceca oficial dese país e con valor en francos.[4]

Obras máis salientables

editar

Emisións regulares en euros da eurozona

editar

A selección dos proxectos de Luc Luycx para o reverso común das primeiras moedas de euro da eurozona foi anunciada no Consello Europeo celebrado en Ámsterdam o 13 de xuño de 1997. Estes deseños representan a Unión Europea en diferentes escalas: o seu lugar no mundo, nas pezas de 1, 2 e 5 céntimos; os países membros, sobre un mapa de Europa, nas moedas de 10, 20 e 50 céntimos; e eses mesmos países sen as súas fronteiras nas pezas dun e dous euros.[5][6]

A seguinte galería amosa os reversos comúns da serie circulante en euros e céntimos de euro, deseñados por Luc Luycx (amosan o monograma LL en diferentes lugares):

Moedas belgas conmemorativasde 2 euros

editar

Desde 2004, á parte da emisión da serie regular en euros, cada país pon en circulación anualmente unha ou varias moedas de dous euros cun anverso alternativo para conmemorar diferentes feitos. Luc Luycx encargouse do deseño de varias destas pezas conmemorativas emitidas por Bélxica:[7]

Outras

editar
  •  
    Monograma LL de Luc Luycx no deseño dunha moeda global de 2009
    Á parte das citadas emisións en euros (tanto regulares como conmemorativas) destinadas á súa circulación en toda a eurozona, Luycx é tamén o autor de todos os deseños das moedas en euros de ouro e de prata emitidas anualmente pola ceca belga e destinadas non á circulación senón á colección e o investimento.
  • A Luycx débeselle tamén o deseño da proposta de moeda global presentada no cumio do G8 en L'Aquila en 2009 polo presidente ruso Dimitrii Medvedev.[18]
  1. "Luc Luycx (Biographical details)". The British Museum.
  2. "Wie kommt das LL auf die Euromünzen?". En Deutsche Welle.
  3. "CoinWeek Coin Designer’s Profile: Luc Luycx". En Coin Week.
  4. "Euro Designer Luc Luycx". Fleur-de-coin.com.
  5. "Coins". European Commission.
  6. "Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.
  7. "2 euros y sus grabadores: Luc Luycx Arquivado 18 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Paramonedas.top.
  8. Diario Oficial da Unión Europea. 11 de marzo de 2005. Acceso en liña
  9. Diario Oficial da Unión Europea. 3 de marzo de 2006. Acceso en liña
  10. Diario Oficial da Unión Europea. 22 de maio de 2008. Acceso en liña
  11. Diario Oficial da Unión Europea. 20 de agosto de 2009. Acceso en liña
  12. Diario Oficial da Unión Europea. 27 de maio de 2010. Acceso en liña
  13. Diario Oficial da Unión Europea. 23 de febreiro de 2012. Acceso en liña
  14. Diario Oficial da Unión Europea. 2 de agosto de 2012. Acceso en liña
  15. Diario Oficial da Unión Europea. 27 de maio de 2014. Acceso en liña
  16. Diario Oficial da Unión Europea. 12 de agosto de 2014. Acceso en liña
  17. Diario Oficial da Unión Europea. 3 de maio de 2018. Acceso en liña
  18. "Russian President Medvedev shows off possible future Word Currency sample at G8 Summit". United Future World Currency.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar