Rob Slotemaker
Rob Slotemaker | |
![]() Rob Slotemaker en 1968 | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1962 |
Escudería(s) | Ecurie Maarsbergen |
Grandes Premios disputados | 1 (0 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio dos Países Baixos de 1962 |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Países Baixos de 1962 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Rob "Sloot" Slotemaker nado en Batavia o 13 de xuño de 1929 e finado en Zandvoort o 16 de setembro de 1979 foi un piloto de carreiras holandés.
participou nunha carreira do campionato do mundo de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, cun Porsche, pero o seu coche non estivo listo a tempo para a carreira. Foi substituído por Wolfgang Seidel.[1] Na década de 1960, Slotemaker competiu nas 24 Horas de Le Mans e foi piloto e conselleiro para a película Le Mans en 1970.
En 1956, estableceu a súa escola de manexo "antiderrapes" en Zandvoort, que aínda funciona hoxe en día.[2]
O 16 de setembro de 1979, no Circuíto Park Zandvoort, Slotemaker morreu cando chocou co seu Chevrolet Camaro durante a carreira de automóbiles de turismo "Trophy of the Dunes". O seu automóbil trompeou sobre unha mancha de aceite e chocou cun coche aparcado á beira da pista. Malia a relativamente pouca forza do accidente, resultou co pescozo roto e morreu ao instante.[3]
Unha sección do circuíto, leva o seu nome na súa memoria.
Resultados Completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962 | Rob Slotemaker | Porsche 718 | Porsche 4 en liña | NED NPP |
MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | RSA | – | 0 |
NotasEditar
- ↑ John Thompson, "The Formula One Record Book", Frewin, 1974, pp. 84–85.
- ↑ Slotemakers Anti-Skid School Arquivado 28 de xuño de 2012 en Archive.is (Dutch)
- ↑ The Straits Times, 18 de setembro de 1979, p.26.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rob Slotemaker |