Rita Ori Filomena Pavone,[1] nada en Turín o 23 de agosto de 1945, é unha cantante italiana que tivo gran popularidade a partir da década de 1960 e tamén traballou como actriz. Debido ao seu cabelo rubio, en Italia recibiu o alcume de pel di carota ("pelo de cenoria").[2]

Infotaula de personaRita Pavone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Turín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBreggia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia
Suíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTeddy Reno (1968–)

Páxina webritapavone.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0667939 Allocine: 85093 Rottentomatoes: celebrity/rita_pavone Allmovie: p128013 TV.com: people/rita-pavone
Facebook: Rita-Pavone-Small-Wonder-307323449494 Twitter: rita_pavone_ Souncloud: rita-pavone-official iTunes: 33274958 Last fm: Rita Pavone Musicbrainz: 1fe5f1ab-38c8-4b5e-866b-45499bd900e6 Songkick: 55287 Discogs: 380929 Allmusic: mn0000210508 Genius: Rita-pavone Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Rita Pavone naceu no Borgo San Paolo de Turín,[3] nunha familia formada polo seu pai, Giovanni Pavone, traballador da Fiat Mirafiori de orixe siciliana, a súa nai Maria, orixinaria de Ferrara, e os seus irmáns Piero, Carlo e Cicco.

En 1962 participou e gañou o primeiro Festival degli Sconosciuti ("Festival dos descoñecidos"), un concurso de cancións para artistas afeccionados. O seu álbum homónimo de 1963, liderado polo sinxelo de éxito "La Partita di Pallone" converteuna nunha estrela nacional aos 17 anos, e axiña chegou a atención internacional. "La Partita di Pallone" vendeu máis dun millón de copias e recibiu un disco de ouro.[4] A súa gravación de "Cuore" tamén vendeu un millón de copias en 1963 e pasou nove semanas no número 1 en Italia.[4]

No verán de 1964 entrou nas listaxes de éxitos de Norteamérica co sinxelo "Remember Me", cantado en inglés, con "Just Once More" na cara B. A canción alcanzou o número 26 nos Estados Unidos e o número 16 no Canadá.

En 1965, Pavone fixo a súa primeira aparición no programa The Ed Sullivan Show, converténdose nunha convidada musical habitual ata 1970. Mentres tanto conseguiu unha serie de éxitos, tanto de baladas como de cancións de rock en España, onde se converteu nun ídolo adolescente.

Nos Estados Unidos cantou xunto a Diana Ross e The Supremes, Ella Fitzgerald, Tom Jones, Duke Ellington e Paul Anka. Tamén cantou no Carnegie Hall da cidade de Nova York. Dise que Elvis Presley fixo unha pintura dela despois de que fose a Memphis e a coñecese nun estudo de gravación. Tamén se di que gravou un dúo con Barbra Streisand, pero isto non se demostrou. Non obstante, si hai unha fotografía interior de Pavone e Streisand xuntas, aparentemente tomada en Nova York en maio de 1964.

De volta a Italia, Pavone debutou como actriz, participando en programas de televisión como Giornalino di Gian Burrasca (un programa de televisión infantil), Alta Pressione, Stasera Rita e o programa de variedades Studio Uno.[5] En 1982 participou en Come Alice, que se converteu nun éxito na televisión italiana.

Rita Pavone protagonizou seis filmes durante os anos 60: Clementine Cherie (1963), Rita, la Figlia Americana (1965), Rita La Zanzara (1966), Non Stuzzicate la Zanzara (1967), Little Rita nel West (1968) e La Feldmarescialla (1968). Os dous filmes de "Zanzara" e Giornalino di Gian Burrasca (1965) foron dirixidos por Lina Wertmüller. Aínda que a súa carreira cinematográfica dirixiuse a un público adolescente e carecía de gran valor artístico, hoxe as súas películas atoparon un nicho de culto.

Pavone tamén foi popular no Reino Unido durante 1966 e 1967. RCA Victor publicou dous dos seus sinxelos; en rápida sucesión ambos foron éxitos, "Heart" alcanzou o posto 27 e "You Only You" alcanzou o posto 21 na lista da UK Singles Chart.[6] Durante ese mesmo período apareceu no London Palladium. Tamén gravou "Try It And See" de Andrew Lloyd Webber, que máis tarde se converteu en "King Herod's Song" na ópera rock Jesus Christ Superstar.

Durante a década de 1980 Pavone actuou en filmes de comedia como 2 sul Pianerottolo, Risate in Salotto e Santarellina.

En 1992 Pavone regresou aos Estados Unidos, onde cantou durante un concerto de varios artistas que incluía a Whitney Houston, Frank Sinatra, o Ballet Bolshoi e Cher no hotel Sands de Atlantic City. Despois dedicouse á interpretación teatral e participou nunha obra de William Shakespeare. En 2002 deu un concerto no Dade Auditorium de Miami.

Pavone foi candidata ao Senado nas eleccións xerais italianas de 2006. Participou como candidata a Per l'Italia nel Mondo, unha lista de centro-dereita liderada polo ministro Mirko Tremaglia.

Participou no Festival da Canción de Sanremo de 2020 coa canción "Niente (Resilienza 74)".[7]

Vida persoal editar

En 1968 Pavone casou con Teddy Reno en Suíza. Foi o seu descubridor e o organizador do primeiro concurso de cancións que gañou, mais a súa unión causou un escándalo na sociedade italiana porque el aínda estaba casado coa súa primeira esposa, Livia Protti, e Italia non tivo lei do divorcio ata 1970. Permaneceron en Italia ata 1971 e tiveron dous fillos: Alessandro en 1969 e Giorgio en 1974.

Pavone reside en Suíza desde 1968. O seu fillo máis vello é presentador de programas de radio e o máis novo é cantante de rock.

Na cultura popular editar

A personaxe principal do filme arxentino Nueve reinas tenta lembrar a melodía dunha canción de Rita Pavone ao longo da historia; a canción, "Il Ballo del Mattone", soa durante os créditos finais.

Discografía editar

Notas editar

  1. Rita Ori Filomena Pavone
  2. "Rita Pavone e Patty Pravo, tornano le regine del pop". Il Corriere della Sera. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  3. "ilmanifesto.info-Rita Pavone". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2nd ed.). Londres: Barrie and Jenkins Ltd. p. 164. ISBN 978-0-214-20512-5. 
  5. Brioni, Cecilia (2017). "Between Two Stages: Rita Pavone and i Giovani on Studio Uno (1961–1966)". Italian Studies 72 (4): 414–427. doi:10.1080/00751634.2017.1370895. 
  6. Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 421. ISBN 978-1-904994-10-7. 
  7. Scarpone, Cristian (6 de xaneiro de 2020). "Sanremo 2020: colpo di scena di Amadeus, due Big in più in gara". eurofestivalnews.com (en italiano). Consultado o 5 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar