Coordenadas: 51°30′52″N 0°08′26″O / 51.514583333333, -0.1405


O London Palladium é un teatro de 2.286 prazas localizado en Oxford Street, na cidade de Westminster (Grande Londres). O teatro abriu en 1910 co nome The Palladium, como lugar disposto para representacións moi variadas. Desde a súa apertura recibiu moitos espectáculos e eventos, entre os que cómpre salientar actuacións de The Beatles e o certame de Miss Mundo de 1990.

London Palladium
Vista xeral

Arquitectura editar

A construción do London Palladium correu a cargo de Walter Gibbons, e concibiuse para competir co London Hippodrome, de Edward Moss, e co London Coliseum, de Oswald Stoll. A súa fachada aproveita unha anterior do século XIX. Antigamente era un edificio de madeira chamado Corinthian Bazaar, que tiña como obxectivo atraer clientes do Pantheon Bazaar, que pechara recentemente agora Marks and Spencer), en Oxford Street. O teatro foi reconstruído un ano despois por Fredrick Hengler. No entanto, o Palladium foi redeseñado por Frank Matcham, un famoso arquitecto teatral.

Historia editar

Antes da segunda guerra mundial editar

Inicialmente coñecidocomo The Palladium, o teatro foi escenario de 40 edicións do Royal Variety Performance (1930-2014). En 1928 funcionou durante tres meses como sala de cine.

O 3 de setembro de 1928, o Palladium inicia unha nova etapa baixo a dirección do empresario e produtor George Black como parte da General Theatre Corporation (GTC). Cando Black asumiu o control, o teatro estaba a piques de quebrar. Black trouxo estrelas británicas e nomes coñecidos de nivel internacional como Duke Ellington e a súa orquestra, Adelaide Hall, Louis Armstrong e Ethel Waters, para períodos de dúas semanas. Baixo a súa xestión, o Palladium foi gañando sona e pasou a ser coñecido como o mellor teatro de variedades do mundo.

Despois da segunda guerra mundial editar

O London Palladium foi alcanzado por unha bomba alemá lanzada en paracaídas o 11 de maio de 1941. O dispositivo caeu no tellado e enviouse un equipo de artificieiros da Mariña Real, que conseguiu que a bomba non estoupase.

Etapa de Val Parnell editar

Val Parnell asumiu o cargo de director administrativo do London Palladium tras a morte de George Black en 1945. Parnell adoptou a política de presentar grandes nomes do mundo do espectáculo dos Estados Unidos, como Judy Garland, Sophie Tucker, Bing Crosby, Danny Kaye, Carmen Miranda, Bob Hope, Liza Minnelli, Ella Fitzgerald, Frank Sinatra, Sammy Davis Jr., Frankie Laine e Johnnie Ray, deixando de lado as estrelas británicas.

De 1955 a 1967, o teatro foi o escenario do espectáculo de variedades da canle ITV, Sunday Night at the London Palladium, presentado inicialmente por Tommy Trinder e máis tarde por Bruce Forsyth. O programa transmitíase ao directo todas as semanas pola Associated Television (ATV) e a produción corría a cargo de Val Parnell. Nos Estados Unidos, a NBC emitiu seis programas como episodios especiais, entre maio e agosto de 1966.

Logo de Val Parnell editar

En xaneiro de 1973, a banda de rock Slade fixo unha actuación no teatro que provocou o colapso da estrutura do edificio. En 1976, Marvin Gaye gravou un concerto en directo no local, en formato de dobre LP, titulado Live at the London Palladium, que saíu á luz en 1977.

Ao final de 1980, o Palladium foi unha vez máis o escenario do popular show de variedades da ITV1, o Live From The Palladium, presentado por Jimmy Tarbuck. Durante este tempo, o teatro era propiedade do grupo Stoll Moss of Theatres, baixo xestión de Margaret e David Locke, que eran os dous maiores accionistas da Stoll Moss nese momento.

Etapa Really Useful editar

O ano 2000, o teatro cambiou de dono novamente, logo de ser adquirido polo Grupo Really Useful, de Andrew Lloyd Webber. Do 3 de maio de 2000 ao 5 de xaneiro de 2002, o Palladium presentou The King and I, unha produción de grande éxito que recadou sete millóns de libras esterlinas. Josie Lawrence interpretou o papel de Anna, e Paul Nakauchi e Keo Woolford desempeñaron o papel do Rei.

De abril de 2002 a setembro de 2005, o Palladium foi escenario da versión teatral de Chitty Chitty Bang Bang, que continuou o éxito do Rei e mais Eu. Ao longo dun ano e tres meses, o espectáculo acadou o maior éxito da historia do London Palladium.

Do 1 de novembro ao 22 de novembro de 2004, o cantante e compositor Jackson Browne actuou aí dentro da súa xira acústica. Durante o Nadal de 2005, o local foi escenario da produción Scrooge, de Bill Kenwright, un musical que permaneceu en cartel ata o 14 de xaneiro de 2006.

O show Sinatra At The London Palladium estivo en exhibición a partir de febreiro de 2006, contando cunha banda en directo, grandes proxeccións e corpos de baile executando os maiores éxitos de Frank Sinatra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar