Abrir o menú principal
The Rocky Horror Picture Show (1975), un exemplo dun filme de culto que segue na carteleira de cinemas e teatros.

O termo filme de culto refírese a calquera tipo de produción cinematográfica que adquiriu algunha clase de culto popular, xa sexa polo seu formato ou pola súa produción, pero sobre todo pola súa trama ou polo seu significado histórico ou a súa ideoloxía. Os filmes de culto adoitan considerarse polémicos, debido a que inclúen ideas ou temas notablemente controvertidos ou a que, sendo máis convencionais na súa temática, preséntana dun xeito afastado dos convencionalismos estéticos ou narrativos. Cabe sinalar que, co tempo, moitos filmes de culto transcenderon este status, e pasaron de ser admiradas por algunha subcultura ou fandom determinado a ser recoñecidas mesmo como clásicos cinematográficos dun modo universal. É o caso de Nosferatu, eine Symphonie deas Grauens. Os filmes de culto son a cristalización cinematográfica da cultura que ignora os estándares da cultura principal e asimílase nos xéneros do cine B, o cine de explotación, o cine camp e o cine independente, caracterizados polos seus ideais de transgresión social, a temática de ficción de explotación e os niveis baixos na produción cinematográfica.[1][2]

NotasEditar

  1. Cult Films Artículo en Filmsite, consultado o 3 de decembro de 2012
  2. Ernest Mathijs, Jamie Sexton. Cult Cinema (en inglés). John Wiley & Sons. ISBN 1444396439.