Tom Jones (cantante)

Thomas John Woodward, máis coñecido polo nome artístico de Tom Jones, nado en Trefforest (Pontypridd) o 7 de xuño de 1940, é un cantante e actor galés, cabaleiro da Coroa Británica. Jones acadou sona na década de 1960 pola súa gran voz, estilo extravagante e sensualidade, elementos claves na súa imaxe como artista. É coñecido como o tigre de Gales.

Sir Tom Jones
Tom Jones nun concerto en 2009.
Nome completoThomas Jones Woodward
Data nacemento7 de xuño de 1940 (83 anos)
Nado enTrefforest, Pontypridd, Glamorgan, Gales Gales
CónxuxeLinda Woodward
FillosJonathan Berkery e Mark Woodward
OcupaciónCantante
XéneroPop rock e música country
Instrumento(s)Voz
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Decca, Epic, JIVE, Island, V2 e S-Curve
PseudónimoTom Jones
Na rede
http://www.tomjones.com/
IMDB: nm0429367 Allocine: 35663 Rottentomatoes: celebrity/tom_jones Allmovie: p36237 TV.com: people/tom-jones-1
Facebook: 26581360771 Twitter: RealSirTomJones Instagram: realsirtomjones Youtube: UCy2JIPsxsCoDK3M1BcEVGGA Flickr: tomjonesdotcom Souncloud: tom-jones-official Spotify: 1T0wRBO0CK0vK8ouUMqEl5 iTunes: 85054 Last fm: Tom+Jones Musicbrainz: 57c6f649-6cde-48a7-8114-2a200247601a Songkick: 172258 Discogs: 51039 Allmusic: mn0000609396 WikiTree: Woodward-3565 Deezer: 903 Genius: Tom-jones Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Era fillo de Thomas Woodward, mineiro, e de Freda Jones. De novo adoitaba cantar en festas familiares e participaba no coro da escola. Padeceu tuberculose e estivo doente case un ano, tempo que adicou a escoitar música e debuxar. Con 17 anos casou con Linda Trenchard, coa que tivo ao seu fillo Mark. Logo de deixar os estudos, traballou en empregos como vendedor a domicilio ou na construción.

Comezou a súa carreira musical en 1963 como vocalista de Tommy Scott & The Senators, unha banda beat local de sona en Gales do Sur. Malia que o produtor Joe Meek intentou promover a banda, non terminaba de callar. Gordon Mills levou a Tom a Londres e animouno a mudar o seu nome artístico en honra ao personaxe literario.

En 1964 gravou o seu primeiro sinxelo, "Chills and Fever", publicado por Decca. En 1965 acadou o éxito con "It's Not Unusual" e con "Thunderball", canción da banda sonora da película Thunderball de James Bond. Ese mesmo ano recibiu un Grammy ao mellor artista novo. En 1966 comezou a ser coñecido como crooner con cancións como "Green Green Grass of Home", "What's New Pussycat", "Help Yourself" ou "Delilah".

Entre 1969 e 1971 tivo un exitoso programa de variedades para a televisión titulado This is Tom Jones, emitido por ABC nos Estados Unidos e ITV no Reino Unido. Porén, na década de 1970 a súa carreira tivo unha lenta decadencia, xa que o seu estilo estaba a pasar de moda.

Trala morte do seu representante Gordon Mills o 29 de xullo de 1986, o seu fillo Mark pasou a administrar a súa carreira, reactivándose a partir de 1987 coa canción "A Boy From Nowhere" e coa gravación de "Kiss", canción popularizada por Prince, xunto a The Art of Noise.

En 1993 Interscope Records publicou The Lead And How to Swing It, un éxito inmediato que conquistou a audiencias máis novas. En 1998 actuou xunto a Robbie Williams nos Brit Awards cantando unha selección de cancións da banda sonora da película The Full Monty.

En 1999 gravou Reload, un disco de duetos, destacando a canción "Burning Down The House" xunto a The Cardigans, versión da orixinal dos '80 de Talking Heads.

Como actor aparece en The Special London Bridge (David Winters, 1972) e Edward Scissorhands (Tim Burton, 1990). Amais, colaborou na serie The Simpsons (capítulo 7 da cuarta tempada) e O príncipe de Bel Air.

Discografía Editar

  • Along Came Jones (1965)
  • It's not Unusual (1965)
  • What`s New Pussycat? (1965)
  • A-Tom-ic Jones (1966)
  • From the Heart (1966)
  • Green, Green Grass of Home (1967)
  • Tom Jones Live! At the Talk of the Town (1967)
  • 13 Smash Hits (1968)
  • Delilah (1968)
  • Help Yourself (1968)
  • This Is Tom Jones (1969)
  • Tom Jones Live in Las Vegas (at the Flamingo) (1969)
  • Tom (1970)
  • I Who Have Nothing (1970)
  • She's A Lady (1971)
  • The Young New Mexican Puppeteer (1972)
  • The Body and Soul of Tom Jones (1973)
  • Somethin' Bout You Baby I Like (1974)
  • Memories Don't Leave Like People Do (1975)
  • Say You'll Stay Until Tomorrow (1977)
  • Fruits De Tom' (1979)
  • Darlin' (1981)
  • Don't Let Our Dreams Die Young (1983)
  • Love Is on the Radio (1984)
  • At This Moment (1989)
  • Carrying A Torch (1991)
  • The Lead And How To Swing It (1994)
  • From The Vaults (1998, US Only)
  • Reload (1999)
  • Mr. Jones (2002)
  • Tom Jones & Jools Holland (2004)
  • 24 Hours (2008)
  • Praise & Blame (2010)

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar