Richard Widmark
Richard Weedt Widmark, nado en Sunrise, Minnesota,[1] o 26 de decembro de 1914 e finado en Roxbury, Connecticut, o 24 de marzo de 2008[2], foi un actor estadounidense. Iniciado no teatro e na radio, pasou ao cinema en 1947, destacando pola súa versatilidade, interpretando papeis en filmes de cinema negro, do oeste ou de aventuras.
Traxectoria
editarRichard Widmark creceu na localidade de Princeton, Illinois. Por mor da profesión do seu pai, representante comercial, o mozo Richard residiu en diferentes poboacións durante a súa infancia e adolescencia.[3] Finalmente, acudiu ao Lake Forest College, onde estudou interpretación.[4] Debutou na radio, en 1938, no serial Aunt Jenny's Real Life Stories. Comezou a traballar en Broadway, en 1943, coa obra Kiss and Tell. Foi declarado incapacitado durante a segunda guerra mundial, debido a unha perforación do tímpano.
A súa magnífica interpretación nesa obra de teatro foi moi apreciada polo director Henry Hathaway, quen contou con el para facelo debutar no cinema con Kiss of Death, en 1947. Widmark facía o papel do gánster asasino Tommy Udo.[5] A escena que pasou á historia deste filme é na que Udo empurra unha anciá (interpretada por Mildred Dunnock) nunha cadeira de rodas escaleiras abaixo.[3] O filme foi un éxito rotundo e Widmark converteuse nunha estrela. Deste xeito, o actor conseguiu un contrato de sete anos coa 20th Century Fox.[6] Ademais, gañou o premio ao mellor actor revelación dos Globos de Ouro, e foi candidato ao Óscar ao mellor actor secundario.[5]
Richard Widmark foi un actor de culto que interpretou solidamente personaxes duras, estruturadas e monolíticas, mais que nalgún momento deixan entrever un tenue transfondo de humanidade.
Durante a década dos 40 e dos 50, Widmark interveu en moitas producións. Entre os seus mellores títulos, destacan Night and the City (1950), de Jules Dassin; No Way Out (1950), de Joseph L. Mankiewicz; Panic in the Streets (1951), de Elia Kazan; Broken Lance (1954), de Edward Dmytryk; The Cobweb (1955), de Vincente Minnelli; The Last Wagon (1956), de Delmer Daves e The Law and Jake Wade (1958), de John Sturges.
Na década dos 60 protagonizou algúns dos seus títulos máis coñecidos, como O Álamo (1960), de John Wayne; Judgment at Nuremberg (1961), de Stanley Kramer; Two Rode Together (1961), de John Ford ou Brigada homicida (1968), filme dirixido por Don Siegel. Precisamente a personaxe deste último filme, o detective Madigan, tamén triunfou na televisión durante os anos 70. Un dos seus filmes máis destacados foi The Bedford Incident (1965) onde protagonizou xunto a Sidney Poitier un filme bélico de intensa tensión emocional.
Widmark estivo casado coa escritora Jean Hazlewood dende 1942 até a morte dela, ocorrida o 2 de marzo de 1997. En setembro de 1999, Widmark casou con Susan Blanchard. Widmark vivía dende entón retirado das pantallas, en Roxbury, Connecticut.
O actor faleceu o 24 de marzo de 2008 aos 93 anos no seu fogar de Roxbury despois que a rotura dunha vértebra meses atrás causase un empeoramento do seu estado de saúde tras unha longa doenza.
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1947 | Kiss of Death | Tommy Udo | |
1948 | The Street with No Name | Alec Stiles | |
1948 | Road House | Jefferson T. "Jefty" Robbins | |
1948 | Yellow Sky | Dude | |
1949 | Down to the Sea in Ships | First Mate Dan Lunceford | |
1949 | Slattery's Hurricane | Tte. Willard Francis Slattery | |
1950 | Night and the City | Harry Fabian | |
1950 | Panic in the Streets | Tte. Cmdr. Clinton "Clint" Reed M.D. | |
1950 | No Way Out | Ray Biddle | Coprotagonizado por Sidney Poitier |
1951 | Halls of Montezuma | Tte. Anderson | |
1951 | The Frogmen | Tte. Cmdr. John Lawrence | |
1952 | Red Skies of Montana | Cliff Mason | |
1952 | Don't Bother to Knock | Jed Towers | |
1952 | O. Henry's Full House | Johnny Kernan | Episodio: "The Clarion Call" |
1952 | My Pal Gus | Dave Jennings | |
1953 | Destination Gobi | CPO Samuel T. McHale | |
1953 | Pickup on South Street | Skip McCoy | |
1953 | Take the High Ground! | Sgt. Thorne Ryan | |
1954 | Hell and High Water | Capt. Adam Jones | |
1954 | Garden of Evil | Fiske | |
1954 | Broken Lance | Ben Devereaux | |
1955 | A Prize of Gold | Sergeant Joe Lawrence | |
1955 | The Cobweb | Dr. Stewart "Mac" McIver | |
1956 | O sexto fuxitivo | Jim Slater | |
1956 | Run for the Sun | Michael "Mike" Latimer | |
1956 | The Last Wagon | Comanche Todd | |
1957 | Saint Joan | The Dauphin, Charles VII | |
1957 | Time Limit | Col. William Edwards | Produtor |
1958 | The Law and Jake Wade | Clint Hollister | |
1958 | The Tunnel of Love | August "Augie" Poole | |
1959 | The Trap | Ralph Anderson | |
1959 | Warlock | Johnny Gannon | |
1960 | O Álamo | Colonel Jim Bowie | |
1961 | The Secret Ways | Michael Reynolds | Produtor; director sen acreditar |
1961 | Two Rode Together | Primeiro Tte. Jim Gary | |
1961 | Judgment at Nuremberg | Col. Tad Lawson | |
1962 | A conquista do Oeste | Mike King | |
1964 | The Long Ships | Rolfe | Segundo filme con Sidney Poitier |
1964 | Flight from Ashiya | L:t. Col. Glenn Stevenson | |
1964 | O gran combate | Capt. Thomas Archer | |
1965 | The Bedford Incident | Captain Eric Finlander U.S.N. | Produtor; terceiro filme con Sidney Poitier |
1966 | Álvarez Kelly | Col. Tom Rossiter | |
1967 | The Way West | Lije Evans | |
1968 | Brigada homicida | Det. Daniel Madigan | |
1969 | Death of a Gunfighter | Marshal Frank Patch | |
1969 | A Talent for Loving | Major Patten | |
1970 | The Moonshine War | Dr. Emmett Taulbee | |
1972 | When the Legends Die | Red Dillon | |
1974 | Asasinato no Orient Express | Lenfranco Cassetti | |
1976 | To the Devil a Daughter | John Verney | |
1976 | The Sell Out | Sam Lucas | |
1977 | Twilight's Last Gleaming | Gen. Martin MacKenzie – Commanding General SA | |
1977 | The Domino Principle | Tagge | |
1977 | Rollercoaster | Agent Hoyt | |
1978 | Coma | Dr. Harris | |
1978 | The Swarm | Gen. Slater | |
1979 | Bear Island | Otto Gerran | |
1982 | National Lampoon Goes to the Movies | Stan Nagurski | "Municipalians" |
1982 | Hanky Panky | Ransom | Dirixido por Sidney Poitier |
1982 | Who Dares Wins | Secretary of State Arthur Currie | |
1984 | Against All Odds | Ben Caxton | |
1991 | True Colors | Sen. James Stiles |
Notas
editar- ↑ "Sunrise: Birthplace of Hollywood Actor Richard Widmark". Sunrise Township. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2008.
- ↑ Richard Widmark, actor, un clásico de Hollywood
- ↑ 3,0 3,1 Harmetz, Aljean (26 de marzo de 2008). "Actor Richard Widmark Dies at 93". The New York Times. Consultado o 26 de marzo de 2008.
- ↑ Kassabaum, Bartlett Lee (18 de marzo de 2016). "Richard Widmark: A Princeton legend". Bureau County Republican. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "Tough-guy actor Richard Widmark dies at 93". CNN. Associated Press. 26 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2008.
- ↑ "Actor Richard Widmark Dies". New York Daily News. Associated Press. 26 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-28.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Widmark |
Ligazóns externas
editar- Literature on Richard Widmark
- The Daily Telegraph, 27 de marzo de 2008Arquivado 02 de abril de 2008 en Wayback Machine.
- The Times, 27 de marzo de 2008 Arquivado 24 de maio de 2010 en Wayback Machine.
- The Independent, 27 de marzo de 2008
- The Guardian, 27 de marzo de 2008