Jules Dassin

Julius "Jules" Dassin, nado en Middleton (Connecticut) o 18 de decembro de 1918 e finado en Atenas (Grecia) o 31 de marzo de 2008 foi un director de cinema estadounidense.

Jules Dassin
Jules Dassin 1970b .jpg
Nome completoJulius Dassin
Nacemento18 de decembro de 1911
LugarMiddleton, Connecticut
Falecemento31 de marzo de 2008 (96 anos)
LugarAtenas, Grecia
CausaGripe
SoterradoPrimeiro Cemitério de Atenas
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Grecia Grecia
EtniaPobo xudeu
Cónxuxe(s)Béatrice Launer (1937–1962)
Melina Mercouri (1966–1994)
FillosJoseph Ira Dassin
Richelle Dassin
Julie Dassin
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Dassin foi un dos oito fillos do barbeiro Samuel Dassin e Berthe Vogel. A súa familia era xudía de orixe rusa. Creceu en Harlem e estudou no instituto no Bronx. Na década de 1930 uniuse ao Communist Party USA, mais abandonouno en 1939 tralo pacto entre Hitler e Stalin. Comezou coma actor na compañía ARTEF (Yiddish Proletarian Theater) de Nova York.

Dassin comezou a ser coñecido polos seus filmes de cinema negro Brute Force (1947), The Naked City (1948) e Thieves' Highway (1949), ue o converteron nun dos principais directores estadounidenses da posguerra.[1]

En 1948 o produtor Darryl F. Zanuck chamou a Dassin para informalo que ía entrar na lista negra, pero que tiña tempo de facer un filme para a Fox.[2] Entrou finalmente durante a produción de Night and the City en 1950 e non se lle permitiu montar nin supervisar a banda sonora do filme.[3] Tamén tivo problemas para atopar traballo no estranxeiro, porque as compañías evitaban a distribución destes filmes en Europa. En 1952 a actriz Bette Davis contratouno para dirixila na súa obra Two's Company. O espectáculo pechou axiña e Dassin marchou a Europa, sen traballar coma director ata que chegou a produción francesa Du Rififi chez les hommes (1954). A maior parte da obra de Dassin nas décadas seguintes foron producións europeas.

En 1955 coñeceu a actriz Melina Mercouri no Festival de Cannes e nesa época descubriu a obra literaria de Nikos Kazantzakis. Estes dous elementos ligárono a Grecia. En 1962 divorciouse da súa primeira esposa e casou co Mercouri, matrimonio que durou ata a morte dela. A parella tivo que abandonar Grecia tralo golpe dos coroneis en 1967. Viviron entón en Nova York ata a caída da ditadura en 1974 cando volveron ao país. A súa prolífica carreira en Europa e a súa relación con Grecia, combinado coa pronuncia habitual do seu apelido en Europa, "Da-SAN", en lugar de "DASS-in", como se pronunciaba nos Estados Unidos, levou ao feito común de consideralo un director europeo.[3]

Foi un dos grandes impulsores do regreso dos mármores de Elgin a Grecia, para o que creou a Institución Melina Mercouri na súa lembranza. Faleceu en 2008 por complicacións da gripe.

FilmografíaEditar

Ano Filme Acreditado como
Director Produtor Guionista Actor Personaxe
1941 The Tell-Tale Heart   Si
1942 Nazi Agent   Si
The Affairs of Martha   Si
Reunion in France   Si
1943 Young Ideas   Si
1944 The Canterville Ghost   Si
1946 Two Smart People   Si
A Letter for Evie   Si
1947 Brute Force   Si
1948 The Naked City   Si
1949 Thieves' Highway   Si
1950 Night and the City   Si
1955 Du Rififi chez les hommes   Si   Si   Si César le Milanais
1957 Celui qui doit mourir   Si   Si
1959 La legge   Si   Si
1960 Never on Sunday   Si   Si   Si   Si Homer Thrace
1962 Phaedra   Si   Si   Si   Si Christo
1964 Topkapi   Si   Si   Si Turkish cop
1966 10:30 P.M. Summer   Si   Si   Si
1968 Hamilchama al hashalom   Si   Si
Uptight   Si   Si   Si
1970 La Promesse de l'aube   Si   Si   Si   Si Ivan Mozzhukhin
1974 I Dokimi   Si   Si   Si
1978 Kravgi gynaikon   Si   Si   Si
1980 Círculo de dous   Si

NotasEditar

  1. Luther, Claudia (1 de abril de 2008). "Blacklisted Director Jules Dassin Dies at 96". The Times. 
  2. Cineaste, Dan Georgakas, primavera 2007, p.72
  3. 3,0 3,1 Dassin, Jules (1 de febreiro de 2005). Night and the City (post-screening interview in DVD supplements). Criterion Collection. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar