Middletown, Connecticut
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 41°33′44″N 72°39′04″O / 41.56222, -72.65111
Middletown é unha cidade estadounidense do condado de Middlesex, no estado de Connecticut.

Xeografía editar
Localizada nas beiras do río Connecticut, na parte central del estado, a 26 km ao sur de Hartford, a capital do estado.
A cidade abarca unha superficie total de 109,6 km², dos que 105,9 km² son de terra e 3,7 km² de auga, e está situada a unha altitude media de 12 msnm.
Segundo o censo de 2005 contaba cunha poboación de 47 438 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 442,93 hab./km².
Evolución da poboación editar
En 1910 11 851 persoas vivían na cidade. En 1940 xa contaba con 26 495 habitantes, e no censo do ano 2000 a súa poboación era de 43 167 habitantes.
Historia editar
En 1650 foi incorporada como unha vila baixo o seu nome orixinal indio, Mattabeseck. Recibiu o seu nome actual en 1653. En 1784, o poboado central foi incorporado como unha cidade á parte do pobo. En 1923, a cidade de Middletown, consolidouse co poblo, facendo que os límites da cidade foran máis extensos.
Orixinariamente era un porto de veleiros moi ocupado, pasando despois a coneverterse nun centro industria. Na actualidade é en gran medida unha cidade residencial e cidade universitaria, sede da Universidade Wesleyana en Middletown.
Desde a creación do condado de Middlesex en 1785 até a eliminación do goberno do condado en 1960 Middletown foi a sede do condado.
Galería de imaxes editar
-
Vista da cidade desde o río Connecticut
-
Tarxeta postal da Igrexa Episcopaliana
-
Tarxeta postal da Casa do Concello
-
Senda verde nunha antiga liña férrea, na beira do río Quinnipiac
-
Vista do cemiterio
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Middletown, Connecticut |
Bibliografía editar
- History of Middlesex County 1635-1885: With Biographical Sketches of Its Prominent Men. Pratt & Read Co. (Nova York: J. B. Beers & Co., 1884).
- History of Middlesex County, Connecticut, Whittemore, (Nova York, 1884).
- Middletown Upper Houses: A History of the North Society of Middletown from 1650 to 1800, C. C. Adams, (Nova York, 1908).