Universidade Wesleyana

Para a universidade homónima de Ohio, véxase Universidade Wesleyana de Ohio

A Universidade Wesleyana (Wesleyan University) está localizada en Middletown no estado de Connecticut, Estados Unidos. Foi fundada en 1831 polos metodistas. Comezou con 48 estudantes, o reitor, tres profesores e un titor.

A biblioteca Olin no campus da Universidade Wesleyana.

O seu nome homenaxea a John Wesley, fundador do metodismo, aínda que os vínculos con esta corrente relixiosa fóronse diluíndo dende as súas orixes e xa en 1937, a Universidade deixa de ter vinculación algunha con este movemento. A Universidade ten hoxe arredor de 2.700 estudantes en programas de grao e uns 300 profesores.

É unha entidade privada e independente con alumnado mixto.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar