John Wesley

John Wesley, nado en Epworth o 6 de xuñoxul./ 17 de xuño de 1703greg. e finado en Londres o 2 de marzo de 1791 foi un clérigo, teólogo e evangelista inglés, líder do avivamento na Igrexa de Inglaterra coñecido como metodismo. As sociedades que fundou convertéronse na forma dominante do movemento metodista independente ata a actualidade.

John Wesley
John Wesley by George Romney.jpg
Nacemento17 de xuño de 1703
Lugar de nacementoEpworth (Lincolnshire)
Falecemento2 de marzo de 1791
Lugar de falecementoLondres
SoterradoWesley's Chapel
NacionalidadeReino de Gran Bretaña
RelixiónMetodismo e Igrexa Anglicana
Alma máterChrist Church College e Charterhouse School
OcupaciónMethodist pastor, clérigo, autor de diarios, filósofo, tradutor, escritor de himnos, misioneiro, sacerdote e escritor
PaiSamuel Wesley
NaiSusanna Wesley
CónxuxeMary Vazeille
IrmánsMehetabel Wright, Charles Wesley e Samuel Wesley
Na rede
Musicbrainz: 70159658-912e-4a5a-a669-9c8ef1f473a1 IMSLP: Category:Wesley,_John WikiTree: Wesley-301 Find a Grave: 1937 Editar o valor em Wikidata
Appletons' Wesley John signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Educado en Charterhouse e Christ Church, Oxford, Wesley foi elixido membro do Lincoln College, Oxford, en 1726 e ordenado pastor anglicano dous anos despois. Liderou o "Holy Club", sociedade formada co propósito de estudar e procurar unha vida cristiá devota. Fora fundado polo seu irmán, Charles, e tiña a George Whitefield entre os seus membros. Tras un ministerio sen éxito de dous anos en Savannah na colonia de Xeorxia, Wesley volveu a Londres e uniuse á sociedade relixiosa liderada por cristiáns moravos. O 24 de maio de 1738 experimentou o que se chamou a súa conversión evanxélica, cando sentiu o seu "corazón estrañamente cálido". Entón deixou os moravos e comezou o seu propio ministerio.

Un paso fundamental no desenvolvemento do ministerio de Wesley foi, como Whitefield, viaxar e predicar no exterior. En contraste co calvinismo de Whitefield, Wesley abrazou as doutrinas arminianas. Viaxando por Gran Breatña e Irlanda, axudou a formar e organizar pequenos grupos cristiáns que desenvolveron responsabilidade intensa e persoal, disciplina e instrución relixiosa; máis importante, nomeou evanxelistas itinerantes e sen ordenar para que coidasen estes grupos de persoas. Baixo a dirección de Wesley, os metodistas fixéronse líderes en moitos asuntos sociais do momento, incluídas a reforma das prisións e a abolición da escravitude.

Aínda que non era un teólogo sistemático, Wesley discutía o concepto de perfección cristiá e contra o calvinismo, en particular contra a súa doutrina de predestinación. Mantivo que, nesta vida, os critiáns podían acadar un estado en que o amor de Deus "reinase de xeito supremo nos seus corazóns", dándolles non só santidade exterior senón tamén interior. O seu evanxelicalismo, firmemente establecido sobre a teoloxía sacramental, mantiña que os medios da graza ás veces tiñan un papel na santificación do crente, a pesar de que ensinaba que era pola fe polo que un crente se transformaba no rostro de Cristo, e que as boas obras eran a proba de que unha persoa o era. Animou a xente a experimentar a Xesús Cristo persoalmente nunha "forma máis excelente" de "perfección cristiá". As ensinanzas de Wesley, coñecidas como teoloxía wesleyana, continúa a formar a base da doutrina das igrexas metodistas.

Durante a súa vida, Wesley permaneceu na Igrexa de Inglaterra, insistindo en que o movemento metodista cadraba ben na súa tradición.[1] Nos seus primeiros tempos de ministerio, Wesley foi apartado da predicación en moitas parroquias e os metodistas foron perseguidos; máis adiante foi amplamente respectado e, ao final da súa vida, foi descrito como "o home máis amado de Inglaterra".[2]

Commemoración e legadoEditar

Wesley continúa a ser a influencia teolóxica primeira dos grupos metodistas e herdeiros do metodismo en todo o mundo. É conmemorado no Calendario de Santos da Igrexa Evanxélica Luterana de América o 2 de marzo xunto co seu irmán Charles. Ambos son tamén conmemorados o 3 de marzo no Calendario de Santos da Igrexa Episcopal dos Estados Unidos de América e o 24 de maio no calendario anglicano.

En 2002, Wesley foi listado no número 50 da listaxe da BBC dos 100 grandes británicos, tras unha enquisa entre o público británico.[3]

A casa e a capela de Wesley, construída en 1778 en City Road en Londres, continúan intactas e na capela teñen lugar servizos regulares, ademais de ter na cripta a sede do museo do Metodismo.

Numerosas escolas, colexios, hospitales e institucións reciben o nome de Wesley. En 1831, a Universidade Wesleyana en Middletown (Connecticut), foi a primeira institución de educación superior dos Estados Unidos que recibiu o seu nome. Na actualidade é unha institución segrar. Arredor de vinte colexios e universidades estadounidenses recibiron posteriormente o seu nome.

O legado de Wesley consérvase na Kingswood School, fundada en 1748 para educar os fillos do crecente número de predicadores metodistas.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar