Provincias Unidas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
As Provincias Unidas ou a República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do norte da rexión histórica dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.
Republiek der Zeven Verenigde Nederlanden (nl) | |||||
Himno | Het Wilhelmus | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | A Haia | ||||
Contén a división administrativa | Condado de Holanda County of Zeeland (en) Gueldres (pt) Lordship of Overijssel (en) Lordship of Utrecht (en) Q14378682 Seignory of Friesland (en) Staats-Brabant (en) Staats-Opper-Gelre (en) Staats-Overmaas (en) Stad en Lande (en) Westerwolde (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.880.500 (1795) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | ||||
Relixión | Igreja Reformada Neerlandesa (pt) e Calvinismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 26 de xullo de 1581 | ||||
Disolución | 19 de xaneiro de 1795 | ||||
Sucedido por | República Bátava | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
Órgano lexislativo | States General of the Netherlands (en) , | ||||
Moeda | Reichsthaler (en) | ||||
Historia
editarA orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos casa de Habsburgo. O enfrontamento entre católicos e calvinistas produciu o estabelecemento da Unión de Arras e da Unión de Utrecht (1579), que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1581, os representantes da Unión depuxeron a Filipe II de España e nomearon a Guillerme de Orange (asasinado en 1584). Johan van Oldenbarnevelt foi unha peza clave na creación da República en 1588.
A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de Inglaterra, que xunto a Francia recoñecerían a República en 1596. En virtude da Tregua dos Doce Anos, entre 1609 e 1621, con Filipe III, a Coroa de España recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.
A Idade de Ouro
editarA alianza con Francia durante a guerra dos Trinta Anos logrou para as provincias o status de Estado independente na Paz de Westfalia (1648).
Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do século XVII, o que foi considerado como a época dourada dos Países Baixos. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En 1784, Frederico II, rei de Prusia, organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o statu quo nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de Baviera.
Declive
editarEmprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de Lois XIV, consumouse o declive do seu poder e en 1795, logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola República Bátava.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincias Unidas |