República Checa nos Xogos Olímpicos

A República Checa participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos como unha nación independente en 1994, e competiu en cada edición dos Xogos de Verán e Inverno dende entón. Antes da disolución de Checoslovaquia en 1993, os atletas checos competiron nas Olimpíadas dende 1920 a 1992 como Checoslovaquia, e dende 1900 a 1912 como Bohemia.

República Checa nos Xogos Olímpicos

Flag of the Czech Republic.svg

Código COI CZE
Comité nacional Comité Olímpico Checo
www.olympic.cz (en checo)
Medalleiro
Ouro
24
Prata
28
Bronce
35
Total
87

Os deportistas da República Checa gañaron un total de 56 medallas nos Xogos de Verán, sendo piragüismo, atletismo e tiro os deportes que máis medallas reportaron ao país. Tamén gañaron 24 medallas nos Xogos de Inverno, a maioría en esquí de fondo, patinaxe de velocidade e o popular hóckey sobre xeo.

O Comité Olímpico Nacional da República Checa é o Comité Olímpico Checo, que foi fundado en 1899 e recoñecido na súa forma actual polo Comité Olímpico Internacional en 1993.

Táboas coas medallasEditar

Medallas nos Xogos de VeránEditar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1900–1912 como   Bohemia
1920–1992 como parte de   Checoslovaquia
  Atlanta 1996 115 4 3 4 11 17
  Sydney 2000 119 2 3 3 8 28
  Atenas 2004 142 1 3 5 9 42
  Pequín 2008 134 3 3 1 7 24
  Londres 2012 133 4 3 4 11 19
  Río de Xaneiro 2016 105 1 2 7 10 43
  Toquio 2020 Evento futuro
  París 2024
  Os Ánxeles 2028
Total 15 17 24 56 46

Medallas nos Xogos de InvernoEditar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1924–1992 como parte de   Checoslovaquia
  Lillehammer 1994 65 0 0 0 0
  Nagano 1998 61 1 1 1 3 14
  Salt Lake City 2002 76 1 2 0 3 16
  Turín 2006 84 1 2 1 4 15
  Vancouver 2010 92 2 0 4 6 14
  Sochi 2014 88 2 4 2 8 15
  Pyeongchang 2018 94 2 2 3 7 14
  Pequín 2022 Evento futuro
  Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 9 11 11 31 20

Medallas por deporteEditar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 5 1 7 13
  Piragüismo 4 5 5 14
  Tiro 2 3 4 9
  Remo 1 3 1 5
  Ciclismo 1 1 0 2
  Péntatlon moderno 1 0 1 2
  Judo 1 0 0 1
  Tenis 0 2 4 6
  Boxeo 0 1 0 1
  Vela 0 1 0 1
  Tríatlon 0 0 1 1
  Loita 0 0 1 1
Total 15 17 24 56
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Patinaxe de velocidade 3 1 2 6
  Snowboard 2 0 1 3
  Esquí de fondo 1 5 3 9
  Esquí alpino 1 0 1 2
  Hóckey sobre xeo 1 0 1 2
  Esquí acrobático 1 0 0 1
  Bíatlon 0 4 2 6
Total 9 10 10 29

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar