Reino de Italia (1861-1946)

reino de Europa entre 1861 e 1946
(Redirección desde «Reino de Italia (1861–1946)»)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Vítor Manuel II que se coroou rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Modelo:Xeografía políticaReino de Italia
Regno d'Italia (it) Editar o valor en Wikidata

HimnoMarcia Reale (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°54′N 12°30′L / 41.9, 12.5
CapitalTurín (1861–1865)
Florencia (1865–1871)
Roma (1871–1946) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación22.182.000 (1861) Editar o valor en Wikidata (71,51 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie310.196 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 17 de marzo de 1861:  causado por Proclamation of the Kingdom of Italy Editar o valor en Wikidata
Disolución18 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porItalia e Itália Fascista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
17 de marzo de 1861proclamation of the Kingdom of Italy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
Monarquía parlamentaria
unipartidismo
Autoritarismo
ditadura Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoVítor Manuel II de Italia (1861–1878)
Humberto I (1878–1900)
Vítor Manuel III (1900–1946)
Humberto II (1946–1946) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaLira italiana Editar o valor en Wikidata

Dende 1922 ata 1943 denomínase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saíu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio deste durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclámase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituíuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, na China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e o Xapón).

Transformación política

editar

Transformouse nunha ditadura fascista con Benito Mussolini como primeiro ministro.

En política exterior, o Reino de Italia foi, mentres tanto, excluído (debido á súa tardía unificación) da repartición colonial de África na Conferencia de Berlín. Logrou porén establecer colonias en Eritrea, Somalia, Etiopía e Libia.


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.