Ramón Ferro

piragüista español


Ramón Ferro Dios, nado na Illa de Arousa en 1978, é un piragüista galego que compite na modalidade maratón. É gañador de doce medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2004 e 2017, e nove medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2003 e 2017,[1][2] conseguidas facendo parella co pontevedrés Óscar Graña.

Infotaula de personaRamón Ferro
Nome orixinalRamón Ferro Dios
Biografía
Nacemento11 de maio de 1978 (45 anos)
Galicia A Illa de Arousa, Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporte Piragüismo
Membro do equipo deportivoClub Kayak Tudense

Traxectoria editar

Ramón Ferro iniciouse no piragüismo cando contaba 10 anos, destacando nos campionatos de España de cadetes aos 15[3]. Competiu ao principio no Club de Piragüismo Illa de Arousa, incorporándose máis adiante ao Club Kayak Tudense. No 2002 comezou a competir na modalidade de maratón, ao principio na categoría C-1 e, posteriormente, na categoría C-2.

Asociouse ao tamén piragüista Óscar Graña, co que participou no Mundial de Zamora en 2002, onde quedaron quintos[4] e co que acadou en 2003 a súa primeira medalla no Campionato de Europa, ao remataren en segunda posición. En 2004 conquistaron a súa primeira medalla no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón tras finalizar terceiros, resultado que repetiron en 2005. Nas seguintes tres edicións, 2006, 2007 e 2008, lograron tres pratas, ademais doutra prata no Europeo de 2007. En 2009 gañaron a medalla de ouro no Europeo, mentres que Ferro non puido participar no Mundial ao ser hospitalizado por unha meninxite.[4] En 2010 convertéronse por primeira vez en campións do mundo.[5] En 2011 logrou outra medalla de prata no Europeo xunto a Graña, mentres que no Mundial competiu xunto a Manuel Garrido pois Graña tiña que realizar as oposicións á Policía Nacional.[4] Lograron chegar primeiros á meta pero foron descualificados por pasar por unha zona prohibida.[6] Mantiveron unha reclamación durante anos contra esta decisión.

En 2012, proclamouse campión do mundo de novo xunto a Graña,[7] título que revalidaron ao ano seguinte.[8] Tamén en 2013 se proclamaron campións de Europa por segunda vez.[9] En 2014 repetiron vitoria no Europeo e lograron o terceiro posto no Mundial. En 2015 e 2016, lograron a prata tanto nos Europeos como nos Mundiais, mentres que no 2017 se fixeron cun bronce europeo[10] e unha prata no mundial.[11]

En decembro de 2017 e con 39 anos, Ramón Ferro anunciou a súa retirada do piragüismo, cun palmarés de doce medallas no Campionato do Mundo e nove no Europeo.[4]

Fóra do deporte editar

Nas eleccións municipais de 2007 presentou a súa candidatura para concelleiro dentro das listas do PP para o Concello da Illa de Arousa[12]. Repetiu esta candidatura en procesos electorais posteriores, aínda que sempre nos últimos postos. Á marxe do piragüismo, exerce como navalleiro e marisqueiro.

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Evento
2004 Bergen (  Noruega)   C2
2005 Perth (  Australia)   C2
2006 Trémolat (  Francia)   C2
2007 Győr (  Hungría)   C2
2008 Týn nad Vltavou (  República Checa)   C2
2010 Banyoles (  España)   C2
2012 Roma (  Italia)   C2
2013 Copenhague (  Dinamarca)   C2
2014 Oklahoma City (  Estados Unidos)   C2
2015 Győr (  Hungría)   C2
2016 Brandeburgo (  Alemaña)   C2
2017 Pietermaritzburg (  Suráfrica)   C2
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2003 Gdansk (  Polonia)   C2
2007 Trenčín (  Eslovaquia)   C2
2009 Ostróda (  Polonia)   C2
2011 Saint-Jean-de-Losne (  Francia)   C2
2013 Vila Verde (  Portugal)   C2
2014 Piešťany (  Eslovaquia)   C2
2015 Bohinj (  Eslovenia)   C2
2016 Pontevedra (  Galicia)   C2
2017 Ponte de Lima (  Portugal)   C2

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. Ramón Ferro en CanoeResults.eu (en inglés).
  2. Lista de medallistas olímpicos e mundiais en piragüismo (1936-2007): parte 1, parte 2. Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).
  3. "Ramón Ferro… pasión por el mar". ailladearousa.com (en castelán). 6-10-2012. Consultado o 18-4-2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Ramón Ferro cuelga la pala como el canoísta español de maratón más laureado de la historia" (en castelán). 13 de decembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  5. "Graña-Ferro: "Esta medalla cierra un círculo"... Campeones del mundo" (en castelán). 26 de setembro de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  6. "MANUEL GARRIDO Y RAMÓN FERRO DESCALIFICADOS TRAS PROCLAMARSE CAMPEONES DEL MUNDO EN C2." (en castelán). 23 de outubro de 2011. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  7. "Ramón Ferro... pasión por el mar" (en castelán). 6 de outubro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  9. "ÿscar Graña y Ramón Ferro dan a Pontevedra otra medalla de oro en los Europeos de Maratón". Pontevedra Viva (en castelán). 9 de xuño de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  10. "Ramón Ferro y Óscar Graña, bronce en el europeo en Ponte da Lima" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  11. "Los incansables Óscar Graña y Ramón Ferro, plata en el Mundial de Sudáfrica". Pontevedra Viva. 10 de setembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  12. "El PP de A Illa de Arousa anuncia la incorporación de caras nuevas y jóvenes a su candidatura". La Voz de Galicia, edición local de Arousa (en castelán). 17-3-2007. Consultado o 18-4-2007. 
  13. Federación Española de Piragüismo, ed. (29-10-2013). "Novos Ingresos do piragüismo na Real Orden del Mérito Deportivo". rfep.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18-04-2017. Consultado o 18-4-2017.