Manuel Garrido Barbosa

piragüista español

Manuel Garrido Barbosa, nado en Tui o 18 de decembro de 1988, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Manu Garrido
Información persoal
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento18 de decembro de 1988
Tui
Deporte
DeportePiragüismo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gañou o Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón sub-23 tres anos seguidos, na categoría C1: en 2009,[1] 2010[2] e 2011,[3] así como o Europeo sub-23 de 2009[4] e o subcampionato de 2011.[5] No Mundial de 2011 participou tamén na categoría C2 absoluta, xunto a Ramón Ferro. Lograron chegar primeiros á meta pero foron descualificados por pasar por unha zona prohibida.[6] Mantiveron unha reclamación durante anos contra esta decisión.

En 2013 participou en Portugal no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón, na categoría C1, gañando a medalla de prata, só por detrás de Tono Campos.[7] Ao ano seguinte, no Europeo de Piešťany, Eslovaquia, rematou cuarto,[8] resultado que repetiu ao ano seguinte en Eslovenia.[9]

No Europeo de 2017 gañou a súa segunda medalla europea, de novo en Portugal, esta vez en Ponte de Lima, tras rematar terceiro.[10] Ademais ese ano participou tamén no Europeo de Augas Tranquilas en Plovdiv, acabando sétimo no C1 5000 metros,[11] e regresou ao Mundial de Maratón seis anos despois, na cita celebrada en Suráfrica, onde logrou colgarse a medalla de prata no C1.[12]

No Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2018 volveu conseguir a medalla de prata no C1, por detrás de Tono Campos.[13] En 2019 competiu tanto no Europeo en Francia como no Mundial na China, finalizando en quinta e cuarta posición respectivamente.[14][15]


Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2017 Pietermaritzburg (  Suráfrica)   Prata C1
2018 Vila Verde (  Portugal)   Prata C1
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2013 Vila Verde (  Portugal)   Prata C1
2017 Ponte de Lima (  Portugal)   Bronce C1

Notas editar

  1. "Resultados de Gaia 2009" (PDF). www.canoeicf.com (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  2. "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Singapur 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  4. "Resultados Ostróda 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  5. "Resultados de St. Jean de Logne 2011" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  6. "MANUEL GARRIDO Y RAMÓN FERRO DESCALIFICADOS TRAS PROCLAMARSE CAMPEONES DEL MUNDO EN C2." (en castelán). 23 de outubro de 2011. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Vila Verde 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados de Piestany 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Bohinj" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  10. "Resultados de Ponte de Lima 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados de Plovdiv 2017". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados de Pietermaritzburg 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  13. "Resultados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  14. "Resultados de Decize 2019". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  15. "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar