Ramón Rodríguez Somoza

médico neuropsiquiatra galego

Ramón Rodríguez-Somoza López, nado en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1994[1], foi un reputado médico neuropsiquiatra galego.

Modelo:BiografíaRamón Rodríguez Somoza
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Vilanova, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 1994 Editar o valor en Wikidata (94/95 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónneuropsiquiatra Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5491662

Traxectoria

editar
 
19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda.

Estudou Medicina a Madrid. Realizou traballos no Instituto de Investigacións Biolóxicas dende 1924. A súa tese de doutoramento La histopatología de la parálisis agitante cerebral foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal. En Madrid formou parte dun grupo chamado Celta ("Mocedade Céltiga"). Optou pola psiquiatría e en 1926 a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de case catro anos para ir a Alemaña a ampliar coñecementos en Neuroanatomía patolóxica e Histopatoloxía psiquiátrica. Á volta traballou en Madrid con Rodríguez Lafora. Despois marchou a Compostela, onde dirixiu o Sanatorio de Conxo dende 1932. Dirixiu este centro ata a súa xubilación en 1969. Socio do Seminario de Estudos Galegos, mantivo amizade cos líderes do Partido Galeguista Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo e Alexandre Bóveda, e con Francisco Fernández del Riego. Foi un dos profesionais e intelectuais asinantes do manifesto a prol do Estatuto, en febreiro de 1933.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-10-1994, p. 82.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar