Ramón Legrande

pintor galego

Ramón Legrande Fuentes, nado en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1847 e finado prematuramente na mesma cidade o 27 de agosto de 1882, foi un pintor, debuxante e profesor galego.

Infotaula de personaRamón Legrande
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1847 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1882 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , mestre , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nado en 1847[1] en Santiago de Compostela, na Exposición Rexional Galega celebrada na súa cidade natal en 1875 presentou, en tinta chinesa, un retrato de Pío IX e outro de frei Rafael de Vélez, arcebispo de Santiago; ao óleo Una Dolorosa e Una flor; á augaforte unha Alegoría de Galicia, e picado en papel cun cortaplumas o Retrato de D. Vicente Valderrama.[2] Na Exposición de Pontevedra de 1880 figurou seu un Retrato de D. Antonio Romero Ortiz, ao lapis.[2] Consagrado ao ensino do debuxo na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e en varios colexios particulares, careceu de tempo para executar obras de grande empeño, agás unha que enviou á Escola dantesca de Milán, pola que acadou unha medalla de ouro.[2]

Finou de diabetes[3] aos 34 anos de idade, na súa cidade natal[4] o 27 de agosto de 1882.[4][5][a]

Notas editar

  1. Ossorio y Bernard consigna o 7 de agosto,[2] erradamente.
Referencias
  1. Vilanova Rodríguez, Alberto (2002). Los días históricos de Galicia (en castelán). Ediciós do Castro. p. 265. ISBN 84-8485-068-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ossorio y Bernard & 1883-1884, p. 369.
  3. Rodríguez Barreiro 1890, p. 158.
  4. 4,0 4,1 "[..]". La Voz de Galicia (A Coruña): 1. 30/8/1882. 
  5. "Un artista menos". Gaceta de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela) (1.050): 2. 28/8/1882. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar