Red Hot Chili Peppers

(Redirección desde «RHCP»)

Red Hot Chili Peppers é un grupo musical de rock baseado no estado estadounidense de California, fundado no ano 1983. O seu principal estilo é un rock cun toque funk, pero incorpora tamén elementos dutros xéneros como o punk rock e o rock psicodélico. No presente a banda está formada polos membros fundadores do grupo, Anthony Kiedis e Flea, xunto co batería Chad Smith e o guitarrista John Frusciante.

Red Hot Chili Peppers
OrixeOs Ánxeles (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1983 - presente
Xénero(s)funk rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)EMI, Warner
MembrosAnthony Kiedis
Flea
Chad Smith
John Frusciante
Antigos membrosHillel Slovak
Cliff Martinez
Jack Irons
Jack Sherman
Jesse Tobias
D.H. Peligro
Arik Marshall
Dave Navarro
DeWayne "Blackbyrd" McKnight
Josh Klinghoffer
Artistas relacionadosWhat Is This?, Ataxia, The Mars Volta, Pearl Jam, Jane's Addiction
Na rede
redhotchilipeppers.com
IMDB: nm1553090 Facebook: ChiliPeppers Twitter: ChiliPeppers Instagram: chilipeppers Tumblr: chilipeppers VK: chilipeppers MySpace: redhotchilipeppers Youtube: UCrSorX845CEWXzU4Z7BojjA TikTok: chilipeppers Souncloud: red-hot-chili-peppers-official Spotify: 0L8ExT028jH3ddEcZwqJJ5 iTunes: 889780 Last fm: red+hot+chili+peppers Musicbrainz: 8bfac288-ccc5-448d-9573-c33ea2aa5c30 Songkick: 468146 Discogs: 92476 Allmusic: mn0000883318 Deezer: 182 Genius: Red-hot-chili-peppers Editar o valor em Wikidata

Actuaron en Galicia nunha ocasión, no verán de 2004, no Monte do Gozo co gallo das festas do Xacobeo 2004.[1]

Historia editar

Formación e primeiro álbum (1983–1984) editar

A banda (orixinalmente Tony Flow and the Miraculously Majestic Masters of Mayhem)[2] foi formada na Fairfax High School[3] por un grupo de alumnos que asistían a dita escola: Anthony Kiedis, Hillel Slovak, Jack Irons, e Michael "Flea" Balzary. Este último acababa de rematar unha breve estadía coma baixista dun dos primeiros grupos hardcore punk dos Ánxeles chamado Fear, pero o seu interese nos sons negros fíxolle renunciar en 1983.

Slovak e Irons, á súa vez, estaban noutro grupo chamado What is This?, pero os membros máis permanentes dos Chili Peppers (Anthony e Flea) xa non quixeron entrar no mercado punk. A primeira actuación deles foi no Rhythm Lounge, á cal acudiron 30 persoas.[4] Para ese concerto compuxeran unha canción inspirada claramente pola fusión de punk, rap e funk do sinxelo "The Magnificient Seven" de The Clash, pero coa nova actitude salvaxe e maior velocidade do hardcore, a despois coñecida coma "Out in L.A.". O rendemento ao vivo da banda foi tan bo que se lles pediu regresar a semana seguinte. Debido a este inagardado éxito, os membros da banda trocaron o nome polo de Red Hot Chili Peppers, debido a que veron o nome orixinal un pouco incómodo.[5] Logo seguiron realizando varios concertos por clubs de L.A. e cabarets coma o Kit Kat Club. É nestes primeiros intres cando comezan a facerse populares polas súas actuacións nas que aparecían completamente nús, con só un calcetín nos xenitais. Seis das cancións que tocaban neses shows foron gravadas na súa primeira demo.[6]

Varios meses despois da súa primeira actuación, a banda firmou coa compañía discográfica EMI. Pero, dúas semanas antes, What Is This? obtivera un contrato con MCA, polo que Slovak e Irons deixaron Red Hot Chili Peppers e dedicáronse a What is this?.[7] Kiedis e Flea non pensaron en disolver a banda, senón que decidiron recrutar a novos membros. Cliff Martínez, un coñecido de Flea, pediu sumarse aos Chili Peppers pouco despois. Tamén se uniría Jack Sherman, o rei pirata.[8]

Andy Gill, o guitarrista de Gang of Four, tamén pioneiros na incorporación do funk ao estilo punk, foi contratado para producir o seu primeiro álbum.[9] A pesar de que Kiedis e Flea dubidaron, el empurrou á banda a tocar música máis viábel comercialmente. Nun principio Kiedis quería titular o disco True men don't kill coyotes, pero a compañía quería que o título fose The Red Hot Chili Peppers, ao que o grupo tivo que acceder finalmente. O disco saíu o 10 de agosto de 1984 e foi un fracaso comercial.[10] Vendeu aproximadamente 25.000 unidades e obtivo pouco recoñecemento. A seguinte xira estivo un pouco mellor, aínda que Kiedis e Sherman tiñan unha relación moi tensa. Sherman foi despedido pouco despois e Slovak regresou á banda, despois de fartarse de What is This?.

Freaky Styley (1985) editar

George Clinton (o lendario líder de Parliament e Funkadelic) foi elixido (a petición de Anthony e Flea) para producir o seguinte álbum da banda, Freaky Styley.

O álbum foi gravado no famoso Detroit's famed R&B and funky United Sound Systems studios no bordo da Universidade Estatal de Wayne.[11] Clinton mesturou diversos elementos do punk e o funk no repertorio da banda, que permitiron incorporar variedade á música. De feito, na canción "Hollywood", que é unha adaptación do tema "Africa" dos lendarios Funkateers de Nova Orleáns The Meters, participa no saxofón o músico Maceo Parker, que ao igual có baixista Bootsy Collins, gravara para o forxador do Funk, James Brown, e o mesmo Clinton.

O álbum foi publicado o 16 de agosto de 1985,[12] pero inda que a banda tivo unha relación moito mellor con Clinton que con Gill, o álbum foi apenas máis exitoso que o primeiro álbum, e non tivo chegada a ningún Chart, pese a contar coa produción dunha lenda vivente coma o "Dr. Funkenstein". A posterior xira non foi considerada o suficientemente produtiva para a banda.

The Uplift Mofo Party Plan (1986-1988) editar

Cliff Martínez foise do grupo no verán de 1986, e a banda contratou temporalmente a Chuck Biscuits para rematar a xira. Jack Irons quedou sen traballo e, separado doutros compromisos, reintegrouse ao grupo. Anthony, Flea e Hillel quedaron moi sorprendidos. O grupo elixiu a Michael Beinhorn, quen colaborara con Herbie Hancock e formara grupos como Material e Tackheads, para producir o seu próximo álbum. Estaban outra vez os catro compoñentes orixinais da banda. As cancións comezaron a formarse rapidamente, e o álbum comezou a ter forma, usando a mesma mestura de funk e ritmos que Freaky Styley, pero con sons moito máis agresivos de punk e metal. Reuníndose os catro integrantes, comezaron o proceso de creación.

O 29 de setembro de 1987, The Uplift Mofo Party Plan saíu á venda, converténdose no primeiro álbum dos Red Hot Chili Peppers en aparecer nalgún Chart. A pesar de que chegaron só ao posto # 148 no "Billboard Hot 200", este foi un éxito importante en comparación aos dous primeiros álbums.

Durante este período, Kiedis e Slovak estaban desenvolvendo graves hábitos de adicción ás drogas, a miúdo ata abandonaban a banda. A adicción á heroína levou a Slovak á morte o 27 de xullo de 1988 aos 25 anos de idade. Kiedis abandonou a cidade e non asistiu ao funeral de Slovak, considerando que a situación era surrealista. Fuxiu a México onde permaneceu uns meses para desintoxicarse. Jack Irons, posteriormente, abandonou o grupo, dicindo que el non quería formar parte dun grupo onde os seus amigos falecían. Foi internado nun psiquiátrico.

Mother's Milk (1989-1990) editar

Ante a morte de Hillel Slovak a banda en primeiro lugar contratou a D.H. Peligro dos Dead Kennedys como batería e ao guitarrista de P-Funk DeWayne "Blackbyrd" McKnight, pero estes non contaban coa chispa suficiente como para continuar na banda, polo que serían despedidos. Posteriormente contratarían a John Frusciante como guitarra. Frusciante realizara unha audición para ingresar na banda Thelonious Monster, pero D.H. Peligro faloulle a Flea del, e uns días máis tarde improvisaron no garaxe deste, que decidiu xunto a Kiedis que era a substitución perfecta para Hillel.

 
Flea

Tres semanas antes de entrar no estudio a banda continuaba sen batería, e un amigo recomendoulles a Chad Smith. Decidiron darlle unha oportunidade, e nunha audición Chad abrumó ao grupo pola forza e complexidade dos seus ritmos. Despois desta sesión de improvisación admitiron a Chad como novo batería da banda.

O grupo entrou no estudio, pero esta gravación estivo entorpecida polos conflitos co produtor do álbum, Michael Beinhorn, que tiña como proposta que John tocase riffs de heavy metal, o cal o molestou xa que este estilo non se axustaba ao seu.

Mother's Milk foi lanzado o 15 de agosto de 1989 e tivo no tema tributo a Hillel Slovak, "Knock Me Down", a que foi a súa primeia canción en chegar ao top 10 das cancións de rock. Tamén tiveron un grande éxito coa interpretación de "Higher Ground" de Stevie Wonder. Mother's Milk vendeu uns 2 millóns de copias ao redor do mundo. Tamén se editaron como sinxelos os temas "Knock Me Down" e "Taste The Pain", e a cara B destes, a canción "Show Me Your Soul", foi usada na banda sonora da película Pretty Woman.

Blood Sugar Sex Magik (1991-1992) editar

O contrato da banda con EMI rematara e comezaron a buscar outra discográfica para lanzar o seu seguinte álbum. O grupo chegou a un pre-acordo con Sony BMG/Epic, coa condición de que Sony mercara o seu último álbum con EMI. Este proceso tardou meses e, aínda que xa se realizara o acordo con Sony/Epic, Mo Ostin, de Warner Bros, chamou a Kiedis para felicitalo polo contrato, e felicitou á compañía discográfica rival. Kiedis pensou "A persoa máis xenial e máis auténtica que coñecimos durante todas as negociacións acababa de chamarme persoalmente para animarme a facer unha exitosa gravación para unha compañía rival. Ese era o tipo de individuo para o que quería estar traballando". Kiedis levou a cabo a súa idea, e finalmente abandonou o contrato con Sony para asinar con Warner Bros.

Deidíuse que a gravación do álbum debía realizarse nun sitio diferente, e Rick Rubin, produtor do mesmo, suxeríu unha mansión supostamente embruxada. Para a gravación do traballo Rubin deixou á banda completa liberdade nas súas composicións, xa que os Red Hot tiveran problemas por esas circunstancias.

A súa colaboración con Rick Rubin, que xa traballara con Run DMC, Beastie Boys, Slayer ou Danzig, levounos ao estrelato coa edición de Blood Sugar Sex Magik o 24 de setembro de 1991. O primeiro sinxelo sería "Give It Away", e grazas a el a banda gañaría un Grammy pola mellor canción de hard rock, e conseguirían o seu primeiro número 1 na lista Modern Rock estadounidense. A promoción do disco continuou co lanzamento da balada "Under The Bridge", que foi un éxito a nivel mundial. Na canción Anthony Kiedis narra a súa batalla coas drogas, e trátase do tema dos Red Hot que máis alto chegou ba lista Billboard Hot 100, acadando o seu segundo posto. Outros sinxelos do álbum foron "Suck My Kiss" e "Breaking The Girl".

En maio de 1992 John Frusciante deixou a banda durante unha xira polo Xapón, alegando que se sentía alienado. Flea dixo que a xira de promoción do álbum fora moi dura e que non tiñan practicamente tempo para durmir. Aínda que a razón principal da súa saída foron as constantes discusións con Anthony ao longo da xira. Jhn foi substituído inicialmente por Arik Marshall, que aparece nos vídeos de "Breaking The Girl" e "If You Have To Ask". Posteriormente ocuparía o seu lugar Jesse Tobias e finalmente chegaría Dave Navarro, guitarrista de Jane's Addiction, para cubrir a vacante deixada por Frusciante, que nos anos que estivo fóra da banda (volvería en 1998) estivo deprimido e loitando contra as drogas. Tamén traballou na música como solista, editando dous disco, un deles retirado do mercado polo propio Frusciante.

O álbum Blood Sugar Sex Magik vendeu máis de 15 millóns de copias a nivel mundial, só superado en cifras por Californication. Blood Sugar Sex Magik foi colocado no posto 310 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[13]. En 1993, con Arik Marshall no canto de John Frusciante, prestan a súa voz para a súa aparición na serie de televisión The Simpsons no capítulo "O drama de Krusty".

One Hot Minute (1995) editar

One Hot Minute é o sexto álbum de estudio da banda e foi lanzado o 12 de setembro do ano 1995. Pola saída de John Frusciante, este álbum foi gravado polo anterior guitarrista de Jane's Addiction, Dave Navarro. A súa presenza alterou o son dos Red Hot Chili Peppers. Finalmente Navarro foi despedido da banda no 1998 por diferenzas creativas.

Este álbum ten menos contido sexual que os anteriores álbums e explora asuntos máis escuros como as drogas, a depresión, a angustia e a dor. Anthony Kiedis, quen reincidira en 1994 nas súas adiccións á heroína e ás anfetaminas, logo de estar limpio máis de cinco anos, abordou as letras cunha mirada ás drogas e ós seus duros efectos.Tamén contén riffs de guitarra de heavy metal.

One Hot Minute contén catro sinxelos: "Warped", "Aeroplane", "Coffee Shop", e "My Friends", e chegou ao posto catro do Billaboard 200.

Membros editar

Actuais editar

Antigos compoñentes editar

Directos e concertos editar

Todos os membros editar

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos editar

Ano Single/EP Álbum
1984 Get Up and Jump The Red Hot Chili Peppers
1985 Jungle Man Freaky Styley
1985 Hollywood (Africa) Freaky Styley
1987 Fight Like a Brave The Uplift Mofo Party Plan
1989 Knock Me Down Mother's Milk
1989 Higher Ground Mother's Milk
1989 Taste the Pain Mother's Milk
1990 Show Me Your Soul -
1991 Give It Away Blood Sugar Sex Magik
1991 Under the Bridge Blood Sugar Sex Magik
1992 Suck My Kiss Blood Sugar Sex Magik
1992 Breaking the Girl Blood Sugar Sex Magik
1992 Behind the Sun What Hits!?
1993 If You Have to Ask Blood Sugar Sex Magik
1993 Soul to Squeeze -
1995 Warped One Hot Minute
1995 My Friends One Hot Minute
1996 Aeroplane One Hot Minute
1996 Coffee Shop One Hot Minute
1996 Shallow Be Thy Game One Hot Minute
1996 Love Rollercoaster -
1999 Scar Tissue Californication
1999 Around the World Californication
2000 Otherside Californication
2000 Californication Californication
2000 Road Trippin' Californication
2002 By the Way By The Way
2002 The Zephyr Song By The Way
2002 Can't Stop By The Way
2003 Universally Speaking By The Way
2003 Fortune Faded Greatest Hits
2006 Dani California Stadium Arcadium
2006 Tell Me Baby Stadium Arcadium
2006 Snow ((Hey Oh)) Stadium Arcadium
2007 Desecration Smile Stadium Arcadium
2007 Hump de Bump Stadium Arcadium
2011 The Adventures of Rain Dance Maggie I'm With You
2011 Monarchy of Roses I'm With You
2012 Look Around I'm With You
2016 Dark Necessities The Getaway

Recompilatorios editar

  • What Hits? - 1992
  • Out in L.A. - 1994
  • The Best of Red Hot Chili Peppers - 1994
  • The Essential Red Hot Chili Peppers Under The Covers - 1998
  • The Original Series - 1998
  • Greatest Hits - 2003

Directos editar

  • Live At The Hyde Park - 2004

Notas editar

  1. "Red Hot Chili Peppers abrirá el 27 de junio en Santiago los grandes conciertos del año Xacobeo". 28 de abril de 2004. Consultado o 22 de xaneiro de 2016. 
  2. Red Hot Chili Peppers, Indyrock France
  3. Red Hot Chili Peppers | Music Artist | Videos, News, Photos & Ringtones | MTV
  4. "MundoMúsica &raquo Red Hot Chili Peppers". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  5. "MTV.es | Música | Actualidad | The Red Hot Chili Peppers". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  6. "Red hot chili peppers - letras de canciones - letrasmp3.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  7. "Teens". Arquivado dende o orixinal o 02-08-2008. Consultado o 11-09-2009. 
  8. "DiscAffinity - Discos de Jack Sherman". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 06 de febreiro de 2013. 
  9. Biografía de Red Hot Chili Peppers - MUSICA.COM
  10. Red Hot Chilli Peppers: discos, letras, biografia e fotos
  11. "Historia". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2008. Consultado o 06 de abril de 2008. 
  12. Freaky Styley Arquivado 25 de xullo de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
  13. "Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar