Puri Seixido

política galega

María Purificación Seixido Gómez,[1] nada en Cariño o 19 de novembro de 1966, é unha escritora e política galega.[2]

María Purificación Seixido Gómez
Nacemento19 de novembro de 1966
Lugar de nacementoCariño
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEscritora e política
Na rede
IMDB: nm2017879 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é Técnico Superior en Realización Audiovisual pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Comezou a traballar como guionista no ano 2000 e continúa a súa actividade até hoxe.

Implicada na rede asociativa e na vida pública cariñesas, presentouse como cabeza de lista do BNG ás eleccións municipais de 2011, nas que gañou a alcaldía,[3] cargo que desempeñou ata 2015. Tras ese período de actividade política, retomou o seu traballo no sector audiovisual.

Tamén foi membro da directiva da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) entre o 2008 e o 2013, e do Consello Territorial de SGAE en Galicia entre o 2013 e o 2020.

Filmografía editar

Traballou como guionista para series da Televisión de Galicia:

Tamén foi guionista da curtametraxe A Escola das Areas (2002) e da película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde (2011).[4]

Notas editar

  1. "Nome de Purficación Seixido na páxina do concello de Cariño". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  2. "Puri Seixido | AVG | AudioVisual Galego". www.culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2017-11-21. 
  3. "Eleccións municipais en Cariño". 2017-04-18. 
  4. 4,0 4,1 "Púri Seixido". IMDb. Consultado o 2017-11-21. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
José Luis Armada Castro
  
Alcaldesa de Cariño
 
2011 - 2015
Sucesor:
José Miguel Alonso Pumar