Illa Alor
A Illa Alor (en lingua indonesia: Pulau Alor) é a illa máis grande do arquipélago de Alor situada no extremo máis oriental das Illas menores da Sonda que se estenden polo sur de Indonesia, e inclúen desde o oeste a illas como Balí, Lombok, Sumbawa, Komodo e Flores.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago de Alor (pt) | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas menores da Sonda | |||
Localización | ||||
División administrativa | Alor, Indonesia (en) e South West Alor, Indonesia (en) | |||
| ||||
Bañado por | Estreito de Ombai (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 875 m | |||
Dimensións | 35,1 () × 90,4 () km | |||
Superficie | 2.120 km² | |||
Ao leste da illa a través do Estreito Ombai están as illas de Wetar e Ataúro, esta última pertencente a Timor Oriental. Cara ao sur, a través do Estreito de Alor, atópase a parte occidental de Timor. Ao norte atópase o Mar de Banda. Ao oeste atópase Pantar e as outras illas do arquipélago de Alor, e o resto das Illas da Sonda.
Xeografía
editarAlor ten unha superficie de ao redor de 2.120 km², converténdoa na principal illa do arquipélago de Alor.
Kalabahi é a única cidade na illa de Alor, cunha poboación metropolitana dunhas 60.000 persoas. A variedade de produtos que se obteñen en Kalabahi é notoria tendo en conta o seu tamaño e localización.
Alor é de orixe volcánica e ten un terreo moi accidentado. A rexión próxima a Kalabahi é a única zona plana. Por iso, os neerlandeses estabeleceron a capital e o porto principal (Alor-Kecil) da rexión aquí en 1911.
O snorkel e o mergullo son populares no arquipélago de Alor. Debido ás cambiantes e, a miúdo moi fortes correntes o mellor é facer snorkel ou mergullo con alguén que coñeza ben a zona.
Economía
editarA infraestrutura da illa é moi débil. Os habitantes practican principalmente a agricultura de subsistencia. O goberno pretende cambiar isto coa axuda de organizacións internacionais. Nas vilas cultívase vainilla, tamarindo, améndoa s e outros froitos secos. Os bosques de sándalo, son cortados para o comercio.
As últimas exploracións xeolóxicas descubriron valiosos recursos, tales como xeso, caolín, petróleo, gas natural, estaño, ouro e diamantes.
O snorkel e o mergullo prometen un aumento do turismo no futuro. O esgotamento da pesca con todo, danou o arrecife de coral nos últimos anos.
.
Relixión
editarMáis de 168.000 persoas viven en Alor. Tres cuartas partes son protestantes, o resto son musulmáns, e algúns católicos. Os ritos e as tradicións animistas son aínda moi practicados.
Linguas
editarMáis de 15 linguas indíxenas fálanse en Alor, a maioría delas clasificadas como linguas papúas ou non austronesia. Estas inclúen Abui, Adang, Hamap, Kabola, Kafoa, Woisika , Kelon e Kui. Así mesmo a lingua alor é unha lingua malaio-polinesia que se fala na costa oeste e sur de Alor e nas illas circundantes.
Moitas das linguas papúas de Alor están en perigo de extinción e xa non se transmiten ás novas xeracións. Algúns idiomas teñen menos de 1.000 falantes. A Universidade de Leiden fixo recentemente importantes esforzos de documentación lingüística.
A linguaxe da comunicación diaria é o malaio de Alor, pero o Indonesio é a lingua que se ensina nas escolas e utilízase amplamente nos medios de comunicación.