Wetar
A illa de Wetar pertence á provincia indonesia de Maluku e é a maior das illas de Barat Daya (literalmente "illas do sueste", xa que están a sueste da capital da provincia, Ambon).
Wetar | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
Mapa das illas Molucas | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Molucas |
Arquipélago | Illas Barat Daya |
Mar | Mar de Banda, Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°48′S 126°18′L / -7.800, -126.300Coordenadas: 7°48′S 126°18′L / -7.800, -126.300 |
Xeografía | |
Superficie | 3.600 km² |
Longura máxima | 130 km. |
Largura máxima | 45 km. |
Punto máis alto | 1.412 m. Hunun Arnau |
Demografía | |
Capital | Ilwaki |
Poboación | 20.000 (estimada) |
É considerada parte das illas Molucas, Wetar fica ó leste das Pequenas Illas de Sonda, que inclúen tamén as illas de Alor e Timor, esta última separada por apenas 56 km de Wetar polo estreito que leva seu nome (Estreito de Wetar). Ao oeste, xunto ao Estreito de Ombai, fica a illa de Alor. Xa a suroeste o illote de Liran e, mais alén, a pequeniña illa timorense de Ataúro. Ao norte fica o Mar de Banda e ao leste Romang e Damar, as dúas outras principais illas das Illas de Barat Daya.
As principais cidades en Wetar son Lioppa, no noroeste, Ilwaki no sur, Wasiri no norte, Masapun no leste, e Arwala no nordeste, todas conectadas por estradas.