Sumbawa
Pertencente ás Illas menores da Sonda, Sumbawa atópase entre as illas indonesias de Flores, Sumba e Lombok. Forma parte da provincia indonesia de West Nusa Tenggara, aínda que actualmente o goberno indonesio está tomando medidas para converter a illa nunha provincia separada. De carácter volcánico como as demais illas veciñas, nela atópase o volcán Tambora, protagonista dunha importante erupción no século XIX.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas menores da Sonda | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas menores da Sonda | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Sonda Ocidental, Indonesia (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Características | |||||
Altitude | 11 m | ||||
Tamaño | 90 () × 280 () km | ||||
Punto máis alto | Monte Tambora (2.850 m ) | ||||
Superficie | 14.386 km² | ||||
Con 15.448 km² e unha poboación dun millón e medio de habitantes, a illa estivo relacionada co Imperio Majapahit de Xava e tamén co reino balinés de Gelgel. En 1605 prodúcese a primeira chegada dos holandeses, quen controlan o territorio totalmente xa comezado o século XX.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Sumbawa pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía.
Historia
editarO Nagarakretagama do século XIV menciona varios principados identificados en Sumbawa; Dompu, Bima, Sape e a illa volcánica de Sang Hyang Api preto da costa nordeste de Sumbawa. Catro principados en Sumbawa occidental eran dependencias do Imperio de Majapahit no oriente de Xava. Debido aos recursos naturais de Sumbawa, foi invadida regularmente por forzas externas, Xavanesee, Balineses, Macasarenses, holandeses e xaponeses. Os holandeses chegaron por primeira vez en 1605, pero non gobernaron efectivamente Sumbawa ata principios do século XX.
O reino de Balinés de Gelgel tamén gobernou Sumbawa occidental durante un período curto. As partes orientais da illa eran tamén o fogar do Sultanato de Bima, un goberno islámico que tiña vínculos cos pobos Bugis e Macasar]] de Sulawesi do sur, así como outros gobernos malaio islámicos no arquipélago.
A evidencia histórica indica que a illa de Sumbawa era coñecida nas Indias orientais polo seu mel, cabalos,[1] madeira de sappan para producir a tintura vermella,[2] e sándalo usado para incenso e medicamentos. Pensábase que a área era altamente produtiva en agricultura. No século XVIII os holandeses introduciron a plantación de café nas abas occidentais do monte Tambora, creando así a variante café Tambora.
Administración
editarSumbawa administrativamente divídese en catro regencias (kabupaten) e unha kota (cidade). Son:
Nome | Area en km2. |
Poboación estimada 2005 |
Poboación Censo 2010 |
Poboación estimada 2014 |
Capital |
---|---|---|---|---|---|
Sumbawa Barat (West Sumbawa) Regency |
1.636,95 | 91.882 | 114.754 | 120.115 | Taliwang |
Sumbawa Regency | 6.643,98 | 395.166 | 415.363 | 434.469 | Sumbawa Besar |
Dompu Regency | 2.321,55 | 201.842 | 218.984 | 228.811 | Dompu |
Bima Regency | 4.389,40 | 407.636 | 438.522 | 458.961 | Woha |
Bima City | 222,25 | 123.064 | 142.443 | 148.984 | Bima |
Total | 15.214,13 | 1.219.590 | 1.330.066 | 1.391.340 |
Notas
editar- ↑ Jong Boers, B.D. de (2007), ‘The ‘Arab’ of the Indonesian Archipelago: The Famed Horse Breeds of Sumbawa’ in: Greg Bankoff and Sandra Swart (eds), Breeds of Empire: The ‘invention’ of the horse in Southern Africa and Maritime Southeast Asia, 1500–1950. Copenhagen: NIAS Press, pp 51–64.
- ↑ Jong Boers, B.D. de (1997), "Sustainability and time perspective in natural resource management: The exploitation of sappan trees in the forests of Sumbawa, Indonesia (1500–1875)" in: Peter Boomgaard, Freek Colombijn en David Henley (eds), Paper landscapes; Explorations in the environmental history of Indonesia. Leiden: KITLV Press, pp. 260–281.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sumbawa |