Mar de Flores

mar

O mar de Flores (en indonesio, Laut Flores) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, este mar é nomeado así pola illa de Flores, cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Oriental. Comprende unha superficie de 240.000 km².

Modelo:Xeografía físicaMar de Flores
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIndonesia Editar o valor en Wikidata
División administrativaIndonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°00′S 119°40′L / -7, 119.67
Afluente
Características
Profundidade5.140 m Editar o valor en Wikidata
Superficie240.000 km² Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Os seus límites son:

Delimitación da IHO

editar

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Flores como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48j, dentro do arquipélago das Indias Orientais e defíneo da forma seguinte:

No norte.
A costa sur de Célebes, desde a punta oeste da baía Laikang (5º37'S, 119º30 'E) ata Tanjong Lassa (120°28'E).
No leste.
O límite occidental do mar de Banda (48g) entre Flores e Célebes [unha liña desde o punto norte de Flores (8º04'S, 122º52'E) ata a illa Kalaotoa (7º24'S, 121º52') e a través da cadea de illas situadas entre esta e a punta sur de Púo Salayar, a través desta illa e cruzando o estreito ata Tanjong Lassa, Célebes (5º37'S, 120º28'E)].
No sur.
As costas norte de Flores, Komodo e Banta e unha liña ata Tanjong Naroe o punto nordés de Soembawa, e desde alí, ao longo da súa costa norte, ata Tanjong Sarokaja (8º22'S, 117º10'E).
No oeste.
Unha liña desde Tg Sarokaja á illa de Paternoster Occidental (7º26'S, 117º08'E) e desde alí á illa de Postiljon Nordés (6º33'S, 118º49'E) e a punta occidental da baía de Laikang, Célebes.
Limits of oceans and seas, páx. 29.[1]
  1. «On the North. The South coast of Celebes from the West point of Laikang Bay (5º37'S, 119º30'E) to Tanjong Lassa (120°28'E).
    On the East. The Western limit of the Banda Sea (48g) between Flores and Celebes [a line from Flores' Northern point (8º04'S, 122º52'E) to Kalaotoa Island (7º24'S, 121º52'E) and through the chain of islands lying between it and the South point of Pulo Salayar, through this island and across the Strait to Tanjong Lassa, Celebes (5º37'S, 120º28'E)].
    On the South. The North coasts of Flores, Komodo, Banta and a line to Tanjong Naroe the Northeast point of Soembawa, thence along its North coast to Tanjong Sarokaja (8º22'S, 117º10'E).
    On the West. A line from Tg Sarokaja to the Western Paternoster island (7º26'S, 117º08'E) thence to the Northeastern Postiljon Island (6º33'S, 118º49'E) and to the West point of Laikang Bay, Celebes.»
    A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: https://epic.awi.de/id/eprint/29772/1/IHO1953a.pdf.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar