Komodo
Komodo é unha das 17.508 illas que compoñen a República de Indonesia. A illa é particularmente famosa como o hábitat do dragón de Komodo, o lagarto máis grande na terra, que leva o nome da illa. A illa de Komodo ten unha superficie de 390 quilómetros cadrados e unha poboación humana de máis de dous mil habitantes. O pobo da illa é descendente de ex convictos que foron exiliados á illa e que se mesturaron cos Bugis de Sulawesi.
Komodo | |
---|---|
Vista aérea do norte da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Provincia | Nusa Tenggara Oriental |
Arquipélago | Illas menores da Sonda |
Mar | Mar de Savu - mar de Flores (océano Índico) |
Coordenadas | 8°55′S 119°45′L / -8.917, -119.750Coordenadas: 8°55′S 119°45′L / -8.917, -119.750 |
Xeografía | |
Superficie | 390 km² |
Perímetro | 158 km |
Punto máis alto | Monte Satalibo (735 m) |
Demografía | |
Capital | Komodo |
Poboación | 2.000 hab. |
Densidade | 5´13 hab./km² |
Situación
editarKomodo está no medio do arquipélago de Sonda, entre o arquipélago veciño de Sumbawa ao leste e o de Flores ao leste. (8.55° S, 119.45° E), ten unha extensión de 390 quilómetros cadrados.
Habitantes
editarOs habitantes da illa, que suman 2000, descenden de antigos presos que foron exiliados, que se mesturaron cos Bugis de Célebes. A maioría da poboación practica o islam. Con todo tamén existe unha minoría cristiá e hindú.
Turismo
editarPertence ao arquipélago das illas menores da Sonda e forma parte do Parque Nacional de Komodo. Ademais, a illa é un destino popular para o mergullo. Administrativamente, forma parte da provincia de Nusa Tenggara oriental.
Desta illa provén o coñecido dragón de Komodo, un animal único no mundo que produce altos índices de turismo. Ademais, a illa é un destino popular entre os mergulladores. Administrativamente, forma parte de East Nusa Tenggara,