Prutah

antiga moeda de Xudea e do Israel moderno
Prutah de Xoán Hircano I (134-104 a. de C.)
Lenda hebrea en cinco liñas dentro dunha coroa: "Xoán Sumo Sacerdote e o Consello dos Xudeus". Dobre cornucopia adornada con cintas; milgranda entre cornos.
Prutah. Xoán Hircano I. Ceca: Xerusalén. ca. 135-104 a. de C. AE. 13 mm. 2,02 g. Hendin 457.[1][2]

Prutah (hebreo: פרוטה; plural: פרוטוט, prutot) é unha antiga moeda hebraica de bronce de escaso valor que pesaba a milésima parte da libra, cuñada polos monarcas das dinastías asmonea e herodiana.[3]

No Estado de Israel instaurado en 1948 retomouse esta denominación (na forma pruta, do hebreo moderno), como moeda divisionaria eqiuivalente á milésima parte da libra israelí.

Historia

editar

Na Antigüidade

editar

O termo aparece na Biblia e no Talmude, co significado de "moeda de valor mínimo", probablemente derivado dun vocábulo arameo co mesmo significado.[4][5]

O prutah era a segunda moeda do seu tempo con menor valor, equivalente a dous lepta. En tempos dos Asmoneos e dos Herodianos era a moeda en uso de menor valor.[3]

Tamén foi emitida polos gobernadores romanos da provincia de Xudea no século I d. de C., e posteriormente polos propios xudeus durante a primeira guerra xudeu-romana.[6][7]

No moderno Estado de Israel

editar
 
Xunto coas moedas, o novo Estado de Israel emitiu o billete de 500 pruta, en 1955.

Ao que se estableceu o moderno Estado de Israel en 1948, o goberno solicitou á Sociedade Numismática de Israel que propuxese os deseños para emitir unha serie de moedas co nome de "pruta" (forma no hebreo moderno do antigo "prutah"). Leo Kadman, xunto co artista gráfico Otte Wallish, elaboraron uns esbozos baseados nos motivos característicos dos prutah emitidos durante a primeira guerra xudeu-romana (66-70 d. de C.), que, finalmente, foron os aprobados polo ministro das Finanzas, Eliezer Kaplan.[8][9]

Este novo pruta era unha unidade divisionaria equivalente á milésima parte da libra israelí, en substitución do "mil", milésima parte da libra palestina, que fora a moeda emitida polo Mandato Británico de Palestina antes de maio de 1948.[10]

A primeira serie leva por data o ano 5709 do calendario hebreo (1949 AD) e foi cuñada no Reino Unido, na compañía Imperial Chemical Industries e na Heaton Mint, de Bitrmingham.

En 1955, o Banco de Israel puxo tamén en circulación un billete de 500 pruta, que no seu anverso reproducía as ruínas da antiga sinagoga de Bir'am, na alta Galilea. Da produción destes billetes encargouse a compañía londiniense Thomas de la Rue.[11]

Serie de moedas do ano 5709 AM [1949 AD]
Imaxe Facial Parámetros técnicos Descrición
Reverso Anverso Diámetro Espesor Peso Aliaxe Reverso Anverso Canto
  1 pruta

[9]

21,0 mm 1,59 mm 1,30 g Al Áncora.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

Valor e data entre pólas de oliveira Liso
  5 pruta

[12]

20,0 mm 1,50 mm 3,20 g Ae Lira.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

  10 pruta

[13]

27,0 mm 1,52 mm 6,10 g Ánfora.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

  25 pruta

[14]

19,5 mm 1,32 mm 2,80 g Cu-Ni Acio.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

Estriado
  50 pruta

[15]

23,5 mm 1,76 mm 5,69 g Folla de vide.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

  100 pruta

[16]

28'5 mm 2,40 mm 11,30 g Palmeira.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

  250 pruta

[17]

32,2 mm 14,10 g Espigas de orxo.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

  500 pruta

[18]

37,1 mm 25,0 g Milgrandas.

ישראל

اسرائيل

("Israel")

 
Reemisión dos 10 prutah en 1952, en aluminio e con forma lobulada, aínda que mantendo a característica ánfora.

Entre 1952 e 1957 emitíronse novamente algúns destes valores, nalgúns casos cambiando as aliaxes de cuñaxe mais mantendo os motivos representados, aínda que máis estilizados.[8]

Finalmente, o pruta deixou de existir en 1960, cando o Goberno israelí determinou cambiar a moeda fraccionaria da libra israelí, que pasou a dividirse en 100 agorot.[10]

  1. Hendin, D. (1976). Guide to Ancient Jewish Coins. Attic Books. ISBN 978-0915018116.
  2. "Prutah - John Hyrcanus I". Numista.com
  3. 3,0 3,1 "Prutah". Forum Ancient Coins.
  4. Pitchford, C. "Biblical Coinage. Coins that have links to Israel and the Bible Arquivado 28 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.".
  5. "Prutah". Jewish English Lexicon.
  6. Jacobson, D. M. (2019). "Coins of the First Century Roman Governors of Judaea and their Motifs". En Electrum. Vol. 26. Páxinas 73-96
  7. "Ancient Jewish Coins: Coins from the Procur ators (6-66 CE)". Jewish Virtual Library.
  8. 8,0 8,1 "Past Notes & Cois Series: Pruta Series Arquivado 28 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Bank of Israel.
  9. 9,0 9,1 "1 Pruta". Numista.com
  10. 10,0 10,1 "Pruta". Reppa Münzen-Lexikon.
  11. "First Series of the Pound Arquivado 28 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Bank of Israel.
  12. "5 Pruta". Numista.com
  13. "10 Pruta". Numista.com
  14. "25 Pruta". Numista.com
  15. "50 Pruta". Numista.com
  16. "100 Pruta". Numista.com
  17. "250 Pruta". Numista.com
  18. "500 Pruta". Numista.com

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar