Provincia de Valencia

provincia da Comunidad Valenciana, España
(Redirección desde «Provincia de València»)

A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Valencia
Provincia de Valencia (es)
Província de València (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°28′38″N 0°22′36″O / 39.4772, -0.3767
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana Editar o valor en Wikidata
CapitalValencia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.589.312 (2021) Editar o valor en Wikidata (240,58 hab./km²)
Xeografía
Superficie10.763 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude361 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Calderón (1.832 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoNivel medio do mar (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de Valencia Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Deputación Editar o valor en WikidataAntoni Francesc Gaspar Ramos (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-V Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES523 Editar o valor en Wikidata
Código INE46 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webdival.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575368

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Riscos físicos

editar

De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se estende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.

Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas proximidades da cidade de Valencia, tras ter sido desviado a súa canle) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunt, e máis o Serpis, que desemboca en Gandia.

Comarcas

editar

Está dividida nas seguintes comarcas: