Protos
Nome completo
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en
Tempadas en activo 1967
Número de pilotos Kurt Ahrens Jr.
Debut Gran Premio de Alemaña de 1967
Carreiras 1
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1967


Protos foi un automóbil de carreiras de Fórmula 2 sen aleróns que apareceu en 1967. Alimentado polo entón motor estándar Ford-Cosworth 1600cc FVA, Foi notábel polo seu deseño aerodinámico de Frank Costin, cun parabrisas de "burbulla" case pechado sobre a carlinga e un chasis parcialmente feito da moi lixeira pero fráxil madeira contrachapada. A pesar de ser bastante rápido nas pistas rápidas, nunca se converteu en favorito e non conseguiu vitorias durante a tempada europea de F2. Os pilotos incluíron a Brian Hart e Pedro Rodríguez.

Fórmula 1

editar

Participou nun único Gran Premio (na categoría F2) o que disputou no Gran Premio de Alemaña de 1967 pilotado polo alemán Kurt Ahrens Jr., retirouse na 4ª voltas debido a problemas mecánicos e non obtivo puntos para o campionato de pilotos.

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1967 Kurt Ahrens Jr. RSA MON NED BEL FRA GBR ALE
Ret
CAN ITA USA MEX NC 0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar