Propiocepción, do latín "proprius" ("a si mesmo") e "-ception" ("per-cepción" ou "re-cepción"), tamén chamada propiorrecepción, cinestesia[1] ou sexto sentido [2], é o sentido da posición do noso corpo e do control neuromuscular das articulacións.[3] Os receptores dos músculos, tendóns e articulacións envían información ao cerebro que indica a posición exacta de diferentes partes do corpo en cada momento.[4]

Propioceptores ou propiorreceptores

A sensación de posición pode ser estática, dando información sobre unha parte do corpo con respecto a outra, ou dinámica, dando información sobre a presenza e grao de movemento das articulacións ao cambiar de posición.

Por outra banda, o control neuromuscular fai referencia á resposta anticipada ou inmediata dos músculos arredor dunha articulación, mantendo así a súa congruencia articular.[5] É dicir, o sistema axúdanos a adaptarnos ao noso contorno, onde ante posibles caídas ou futuras lesións, o sentido propioceptivo interpreta se é necesario reaccionar e responde inmediatamente activando outros grupos musculares.[6]

Sistema propioceptivo

editar

O sistema propioceptivo[7] está formado por varios receptores sensoriais situados nos músculos, tendóns e articulacións que inclúen mecanorreceptores como os corpúsculos de Ruffini e Pacini, o órgano do tendón de Golgi, o fuso e as terminacións nerviosas libres.

Os propioceptores situados nos músculos e tendóns proporcionan información sobre o grao de contracción muscular, tensión e posición das articulacións. O oído interno permítenos coñecer a orientación da cabeza en relación co chan.[8]

A propiocepción é un proceso complexo no que necesariamente existe información aferente, é dicir, que vai dende a periferia até o sistema nervioso central; que provoca unha resposta muscular eferente, dende o sistema nervioso central até a periferia. Hai dous niveis de propiocepción, o consciente ou voluntario e o inconsciente ou reflexo. O control neuromuscular pertence ao segundo.

Funcionamento

editar

Os propioceptores envían información á medula espiñal e ao cerebro para procesala. Cando a información é procesada polo cerebro, envía información aos músculos para modificar a tensión e a elasticidade musculares co fin de realizar o movemento desexado.

Mecanorreceptores

editar

Os sinais aferentes que inician o control neuromuscular orixínanse nos mecanorreceptores, órganos sensoriais situados nos ligamentos. Son receptores sensoriais que reaccionan á presión mecánica. Os corpúsculos de Ruffini son terminacións nerviosas que proporcionan información sobre a posición articular.

Reflexos

editar

Os propioceptores poden formar circuítos reflexos coas neuronas motoras para proporcionar información rápida sobre a posición do corpo e os membros. Estes circuítos mecanosensoriais son importantes para manter a postura e o equilibrio de forma flexíbel, especialmente durante a locomoción.[9]

Propioceptores

editar

Rama sensorial do nervio motor ocular

editar
 
Imaxe do ollo dentro da órbita. Obsérvanse os seis músculos que moven o globo ocular.

Está formado por axóns aferentes que levan información desde os receptores até o sistema nervioso central.

Os propioceptores localízanse nos músculos extraoculares.

Estes axóns informan da propiocepción, da percepción non visual dos movementos e da posición corporal.[8]

 
Reflexo miotático ou de estiramento

Localízase nos músculos esqueléticos .

Ofrece información sobre os cambios na lonxitude muscular e participa no reflexo de estiramento.[10]

Envía información ao sistema nervioso central, onde se utiliza para coordinar o movemento.[8]

Axuda a controlar o movemento e axuda a manter a estabilidade das articulacións.

 
Fuso muscular

É un reflexo protector contra estiramentos excesivos ou secos.

Participa no mantemento postural.

 
Órgano tendinoso de Golgi

Está situado na unión entre o tendón e o músculo.[8]

Este órgano responde ao aumento e diminución da tensión muscular.

Protexen os tendóns e os músculos dos danos causados pola tensión excesiva. Cando se activa, os músculos agonistas estirados reláxanse e os músculos antagónicos se contraen.[10]

Receptores da cápsula articular e ligamentos articulares

editar
 
Cápsula articular

A carga soportada por estas estruturas en relación coa tensión muscular exercida, activa uns mecanorreceptores capaces de detectar a posición e o movemento da articulación implicada.[10]

Funcións

editar

O cerebro ten que saber onde está cada parte do corpo e como se está movendo sen ter que mirar o membro implicado. Por exemplo, se estamos sentados nunha mesa sabemos que temos as pernas cruzadas aínda que non as vemos. Así, o sistema propioceptivo dános a capacidade de coñecer a orientación espacial do corpo.[11] Ademais, ofrece información sobre o momento dos movementos e a súa velocidade, forza muscular ou velocidade de contracción muscular. Todo isto en conxunto permite que se involucre nunha serie de procesos como:[12]

  • Discriminación e localización de partes do corpo no espazo.
  • Graduación da forza de contracción.
  • Control motor.
  • Ton múscular.
  • Funcións manuais.
  • Estabilidade
  • Modulación da voz

Un uso fundamental dos membros é poder estimar unha distancia e/ou explorar. Cando non dispoñen de indicacións visuais, os animais poden usar a retroalimentación propioceptiva para estimar o seu historial de movementos. Por exemplo, a Formiga do deserto Cataglyphis rastrexa a súa localización durante a busca de alimento contando o número de pasos que deu desde que abandonou o niño.[13] Tamén as abellas do mel indican o lugar onde atopar recursos para a colmea en función do seu percorrido coa danza do abdome.

Relevancia clínica

editar

Deficiencia

editar

A propiocepción ocasionalmente altérase de xeito espontáneo. O corpo dunha persoa pode sentirse demasiado grande ou pequeno, ou algunhas partes do corpo poden sentirse distorsionadas do seu tamaño real. En ocasións pode haber efectos similares aos da epilepsia. Pénsase que estes efectos xorden da estimulación do lóbulo parietal, unha parte implicada na integración da información de diferentes partes do corpo.[14]

As persoas ás que se amputaron un membro aínda poden ter unha sensación confusa da existencia dese membro no seu corpo, coñecida como síndrome do membro fantasma.

Tamén se sabe que é unha causa de deterioración temporal da propiocepción debido a unha sobredose de vitamina B6 (piridoxina). En caso contrario, unha infección viral na medula espiñal, como sinala Oliver Sacks, pode desencadear estas anomalías.[15]

Cómpre sinalar que a enfermidade de Parkinson caracterízase por unha diminución da función motora como resultado da neurodexeneración, en concreto das neuronas dopaminérxicas da substancia negra. Pode ser que algúns dos síntomas da enfermidade de Parkinson estean relacionados en parte coa propiocepción deteriorada.[16]

Oliver Sacks, presenta un informe semi-novegado a través dun paciente-médico chamado George Dedlow (que sufriu lesións nerviosas durante a Guerra de Sucesión) sobre como se sente unha persoa con propiocepción alterada:

"Fiquei horrorizado ao descubrir que ás veces era menos consciente de min mesmo, da miña propia existencia, que antes. Esta sensación era tan infrecuente que ao principio quedei profundamente perplexo. Sentín continuamente o desexo de preguntarlle a alguén se realmente era George Dedlow ou non; pero, como era claramente consciente do absurdo que me parecería facer esta pregunta, repriminme e non falei do meu caso, e tentei analizar os meus pensamentos. Aquela convicción de que xa non era eu mesma era ás veces de broma é moi dolorosa. Foi, até onde podo describir, unha deficiencia no sentido egoísta da individualidade".[15]

Diagnóstico

editar

A "correspondencia da posición articular" é un protocolo establecido para medir a propiocepción e, concretamente, o sentido da posición articular, sen a axuda de información visual ou vestibular.[17]

Durante estas probas o suxeito é privado da súa visión, móvese un membro, despois volve ao seu estado orixinal e o paciente debe recrear a inclinación que o experto lle impuxo previamente.

Historia do estudo

editar

A primeira aproximación ao termo propiocepción remóntase ao século XVI por un médico italiano chamado Julio César Scaliger, quen o definiu como unha "sensación de locomoción". Tres séculos despois, os fisiólogos, sen darse conta, da existencia de propioceptores especializados, debateron sobre a orixe do “sentido muscular”, termo atribuído a Charles Bell.

Xa a finais do século XIX e principios do XX, Charles Sherrington proporcionou probas definitivas dunha fonte periférica sensorial aferente e da súa influencia na contracción muscular. Finalmente, acuñaría o termo de percepción definido como: a sensación de estímulos que son atribuíbles ás accións do propio corpo. Tamén proporcionaría dous termos que manteñen unha estreita relación coa propiocepción: interocepción e exterocepción.

Aínda que é certo que Ruffini e outros autores describiran os órganos propioceptivos moito antes, Sherrington foi o primeiro en demostrar a influencia das neuronas sensoriais que inervan estes órganos propioceptivos no control da postura e do movemento.

Hoxe, o estudo do control sensoriomotor segue baseándose na concepción inicial de Sherrington do sistema propioceptivo, en particular a súa énfase nas chamadas vías "reflexas" que traducen a retroalimentación propioceptiva en saída motora.[18]

  1. "Dicionario galego de termos médicos" (PDF). DGTM. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 11-1-2022. 
  2. Roland Doron; Françoise Parot (2008). Diccionario Akal de Psicología. Akal. 
  3. Tuthill, John C.; Azim, Eiman (03 05, 2018). "Current biology:". CB 28 (5): R194–R203. ISSN 1879-0445. PMID 29510103. doi:10.1016/j.cub.2018.01.064. 
  4. "Propiorrecepciò". 2019-01-25. 
  5. Lluch, A.; Salvà, G.; Esplugas, M.; Llusá, M.; Hagert, E. (2015-05). "Propiocepción". Revista Iberoamericana de Cirugía de la Mano 43 (01): 070–078. ISSN 1698-8396. doi:10.1016/j.ricma.2015.06.012. 
  6. "Propiocepción". BarnaClinic. 2019-01-25. 
  7. Almendáriz Pozo; et al. "La propiocepción, método de prevención de lesiones de tobillo, en deportistas de categoría superior.". Podium. Revista de Ciencia y Tecnología en la Cultura Física 14 (3): 451–462. ISSN 1996-2452. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Principios de Anatomía y Fisiología. Editorial Médica. 2006. 
  9. Bässler, Ulrich; Büschges, Ansgar (1998-06). "BRR". Brain Research Reviews 27 (1): 65–88. ISSN 0165-0173. doi:10.1016/s0165-0173(98)00006-x. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Almendáriz Pozo, Pablo Andrés; Bonifaz Arias, Iván Giovanny; Álvarez Zambonino, Edwin Estuardo; Sánchez Estrada, Klimer Gonzalo; Almendáriz Pozo, Pablo Andrés (2019-12). "La propiocepción, método de prevención de lesiones de tobillo, en deportistas de categoría superior". Podium. Revista de Ciencia y Tecnología en la Cultura Física 14 (3): 451–462. ISSN 1996-2452. 
  11. "Importancia de la proppiocepción (en castelán)". Fundación Salud Infantil. 2019-09-17. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  12. "Propioceptivo (en castelánj)". Blog "Integrando sensaciones". 
  13. Strauß, Johannes (2020-01-04). "Neuronal Innervation of the Subgenual Organ Complex and the Tibial Campaniform Sensilla in the Stick Insect Midleg (en inglés)". Insects 11 (1): 40. ISSN 2075-4450. doi:10.3390/insects11010040. 
  14. "Neural substrate of body size: illusory feeling of shrinking of the waist.". Doi.org. 2005-12-08. Consultado o 11-1-2022. 
  15. 15,0 15,1 The Man Who Mistook His Wife for a Hat, Oliver Sacks. Routledge. 2015-12-03. p. 187–194. ISBN 978-1-315-63346-6. 
  16. Konczak, Jürgen; Corcos, Daniel M.; Horak, Fay; Poizner, Howard; Shapiro, Mark (2009-11-06). "Proprioception and Motor Control in Parkinson's Disease (en inglés)". Journal of Motor Behavior 41 (6): 543–552. ISSN 0022-2895. doi:10.3200/35-09-002. 
  17. Goble, Daniel J.; Noble, Brittany C.; Brown, Susan H. (2010-08). "Where was my arm again? Memory-based matching of proprioceptive targets is enhanced by increased target presentation time (en inglés)". Neuroscience Letters 481 (1): 54–58. ISSN 0304-3940. doi:10.1016/j.neulet.2010.06.053. 
  18. Tuthill, John C.; Azim, Eiman (2018-03). "Proprioception". Current Biology 28 (5): R194–R203. ISSN 0960-9822. doi:10.1016/j.cub.2018.01.064. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar