Substancia negra
A substancia negra é unha porción heteroxénea do mesencéfalo responsable da produción de dopamina no cerebro. Xoga un papel importante na recompensa e na adicción.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Estrutura
editarTen unha convexidade anterior e unha concavidade posterior. As súas neuronas teñen un pigmento moi específico: a neuromelanina.
Pódese subdividir en dúas partes cuxas conexións e neurotransmisores son distintos:
- Porción compacta -máis dorsal e formada por células medianas e moi pigmentadas- células ricas en neuromelanina que utilizan a dopamina como neurotransmisor e que terán conexións cos ganglios basais (fundamentalmente putamen e núcleo caudado) e formarán o corpo estriado. As súas fibras chámanse polo tanto fibras dopaminérxicas nigrostriadas.
- Porción reticular: máis ventral e formada por células máis pequenas e menos pigmentadas. Conexión preferente co tálamo e usan como neurotransmisor o GABA. Esta porción reticular ten continuidade anatómica con outro núcleo basal, máis concretamente cunha porción do núcleo lenticular: o globo pálido (globus pallidus).
Patoloxía
editarA dexeneración das neuronas pigmentadas nesta rexión é a principal causa da enfermidade de Parkinson, Párkinson (acentuado) ou parálise axitante[1]. Na maioría dos pacientes con Parkinson, descoñécese a causa da morte destas neuronas produtoras de dopamina. O investigador galego Francisco Pan-Montojo Puga, do Instituto Max Plank, demostrou a relación entre o Parkinson e a exposición a pesticidas (rotenona) sen necesidade de que este entrase directamente no torrente sanguíneo.[2]
Notas
editar- ↑ "Parálise axitante. DGTM; p. 573" (PDF). Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 11-1-2022.
- ↑ "Demóstrase a relación entre pesticidas e a enfermidade de Parkinson". Arquivado dende o orixinal o 11-01-2022. Consultado o 11-1-2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Substancia negra |